Capturan en Portugal un fósil vivente: o tiburón cobra

O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.
O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.
O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.

Científicos do Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera anunciaron hoxe a captura dun exemplar dun auténtico fósil vivente: o tiburón cobra. O anuncio fíxose hoxe, tras da captura deste animal, tamén coñecido como tiburón anguía, que se verificou o pasado mes de agosto, na costa do Algarve, a bordo dun arrastreiro comercial, no marco do proxecto MINOUW (Iniciativa para a minimización de capturas non desexadas nas pesqueiras europeas). “Os investigadores do IPMA realizaron a captura dunha quenlla con características pouco comúns”, informou hoxe o instituto luso.

Os científicos confirmaron que se trataba dun macho da especie quenlla-serpe (nome latino, Chlamydoselachus anguineus) con preto de 1,5 metros. “Esta quenlla, un verdadeiro ‘fósil vivente’, ten un corpo longo e esvelto, e unha cabeza que lembra a unha serpe”, explica o IPMA, “tamén presenta unha dentición moi particular, sendo a súa bioloxía e ecoloxía pouco coñecidas”.

Publicidade

O tiburón cobra ou anguía ten unha ampla distribución xeográfica, ao longo de todo o Atlántico, desde a costa norueguesa, pasando por augas escocesas, de Galicia, Azores, Madeira e Canarias, baixando a costa africana ata o Índico, alcanzando aínda Xapón, Australia e Nova Zelandia. Pero a súa captura é algo excepcional, debido ás profundidades ás que vive. O presente exemplar foi capturado aos 700 metros de profundidade.

tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) é un tiburón da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae). Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e polo xeral cerca do fondo. Pode chegar a alcanzar os 4 metros de longo. E as súas características primitivas fan que sexa considerado un ‘fósil vivente’.

4 COMENTÁRIOS

  1. Por certo, agradezo que se tivese en conta a miña crítica e se corrixira (neste caso, engadindo un ”que” antes do pronome, de modo que ficou correctamente), demostra profesionalidade pola parte dos administradores desta páxina. Un saúdo e parabéns polo bon traballo.

    • Non apago nada, que é correcto. ”A pouco máis” é unha locución adverbial, polo cal o pronome é colocado antes que o verbo. Ademais, son galegofalante de toda a vida e non necesito consultar a teoría para colocar ben os pronomes axeitadamente, non coma ti, que seguro que o empezaches a falar hai catro días por te integrares nun grupo de persoas con ideoloxía nacionalista. Así que veña, no canto de apagar, colle ti e acende a lámpada e a estudar o libriño de galego, listo, que es un listo. 😉

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.