O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.

O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.

Capturan en Portugal un fósil vivente: o tiburón cobra

Científicos do Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera anuncian a captura desta especie que tamén está en Galicia

O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.

O exemplar do tiburón anguía ou cobra capturado polo IPMA portugués.

Científicos do Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera anunciaron hoxe a captura dun exemplar dun auténtico fósil vivente: o tiburón cobra. O anuncio fíxose hoxe, tras da captura deste animal, tamén coñecido como tiburón anguía, que se verificou o pasado mes de agosto, na costa do Algarve, a bordo dun arrastreiro comercial, no marco do proxecto MINOUW (Iniciativa para a minimización de capturas non desexadas nas pesqueiras europeas). “Os investigadores do IPMA realizaron a captura dunha quenlla con características pouco comúns”, informou hoxe o instituto luso.

Os científicos confirmaron que se trataba dun macho da especie quenlla-serpe (nome latino, Chlamydoselachus anguineus) con preto de 1,5 metros. “Esta quenlla, un verdadeiro ‘fósil vivente’, ten un corpo longo e esvelto, e unha cabeza que lembra a unha serpe”, explica o IPMA, “tamén presenta unha dentición moi particular, sendo a súa bioloxía e ecoloxía pouco coñecidas”.

O tiburón cobra ou anguía ten unha ampla distribución xeográfica, ao longo de todo o Atlántico, desde a costa norueguesa, pasando por augas escocesas, de Galicia, Azores, Madeira e Canarias, baixando a costa africana ata o Índico, alcanzando aínda Xapón, Australia e Nova Zelandia. Pero a súa captura é algo excepcional, debido ás profundidades ás que vive. O presente exemplar foi capturado aos 700 metros de profundidade.

tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) é un tiburón da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae). Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e polo xeral cerca do fondo. Pode chegar a alcanzar os 4 metros de longo. E as súas características primitivas fan que sexa considerado un ‘fósil vivente’.

2 respostas a “Capturan en Portugal un fósil vivente: o tiburón cobra”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.