Auroras boreais en directo co Centro de Supercomputación de Galicia

O proxecto de ciencia cidadá GLORIA, no que participa o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Xunta e do CSIC, volve retransmitir por quinta vez o fenómeno das auroras boreales. Será entre o 23 e o 28 de agosto, desde varios enclaves en Groenlandia e Islandia, e poderase seguir en directo por Internet. As auroras boreales -nome que reciben as auroras polares do hemisferio norte- son un espectáculo visual no que un fulgor de varias tonalidades entre as que destaca o verde surca o ceo. Prodúcese cando partículas moi energéticas orixinadas no Sol, coñecidas como 'vento solar', alcanzan a atmosfera terrestre. O punto máximo deste fenómeno repítese cada once anos. Este 2014 coincidiu cun máximo de actividade solar que aínda continúa. Así, a illa xeada de Groenlandia e Islandia foron os lugares elixidos polos expedicionarios para retransmitir as auroras a diario. As retrasmisións poderán seguirse no portal sky-live.tv
O proxecto de ciencia cidadá GLORIA, no que participa o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Xunta e do CSIC, volve retransmitir por quinta vez o fenómeno das auroras boreais. Será entre o 23 e o 28 de agosto, desde varios enclaves en Groenlandia e Islandia, e poderase seguir en directo por Internet. As auroras boreales -nome que reciben as auroras polares do hemisferio norte- son un espectáculo visual no que un fulgor de varias tonalidades entre as que destaca o verde surca o ceo. Prodúcese cando partículas moi energéticas orixinadas no Sol, coñecidas como ‘vento solar’, alcanzan a atmosfera terrestre. O punto máximo deste fenómeno repítese cada once anos. Este 2014 coincidiu cun máximo de actividade solar que aínda continúa. Así, a illa xeada de Groenlandia e Islandia foron os lugares elixidos polos expedicionarios para retransmitir as auroras a diario. As retrasmisións poderán seguirse no portal sky-live.tv

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.