Así son os rostros 'perfectos'

retratos-experimento-belleza
Investigadores da Universidade de Kent (Reino Unido) afirman ter creado as caras máis atractivas posibles, a partir dos gustos dos británicos. A investigación, que é extrapolable aos canons de beleza que existen en Europa, segundo os autores, conclúe que aqueles co rostro máis agradable son aquelas persoas con trazos similares aos do modelo inglés David Gandy e a actriz Natalie Portman. O estudo foi dirixido polo doutor Chris Solomon —recoñecido especialista en cartografía facial forense—, quen puido representar cales son os trazos que se consideran perfectos dunha cara e que características debe ter un rostro belo grazas a un programa informático policial: o PhotoFit EFIT-V, usado para elaborar retratos robot de criminais. Ademais, o equipo da Universidade de Kent realizou máis dun cento de entrevistas co obxectivo de descubrir que parámetros valoran as persoas para determinar se alguén é guapo ou non. A investigación foi, encargada por Samsung para marcar o lanzamento do seu móbil Galaxy S6. Segundo o estudo, as mulleres más fermosas teñen ollos marróns en forma de améndoa; cellas arqueadas a unha distancia de 0,125 unidades dos ollos, un nariz delgado e pequeno de 0,37 unidades de longo, 0,1 de ancho (na ponte) e 0,25 de ancho na base (1 unidade equivale á extensión que ocupa na cara a distancia dun ollo a outro); beizos grosos cunha boca cunha extensión de 0,81 unidades de ancho e 1,44 de longo; un queixo pouco pronunciado e regular cunha extensión de 0,21 unidades; cara en forma de corazón cuns ollos de 1 unidade de ancho; pelo escuro; cara preto da simetría facial perfecta. No caso dos homes, debería ter ollos azuis de forma ovalada cunha separación entre eles (contando dende o centro destes) de 0,46 unidades de distancia; cellas cun espesor medio, rectas cos extremos curvos e a unha distancia de 0,07 unidades dos ollos; nariz delgada, de lonxitude media e recta, que debe contar cunhas medidas de 0,38 unidades de longo, 0,12 de ancho na ponte e 0,26 na base; beizos que non sexan nin delgados nin grosos, cunha boca cunha extensión de 1,33 unidades de longo e 0,88 de ancho; un queixo con 0,27 de lonxitude; cara cunha forma ovalada cuns ollos de 1 unidade de ancho; pelo escuro e cara preto da simetría facial perfecta.

1 comentario

  1. E cal é a explicación científica de que a ela a debuxen maquillada?? Porque perdoen pero nin Natalie Portman ni ninguén se levanta con eses ollos afumados nin eses pómulos tan ben marcadiños. Ejem…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.