Península Ibérica desde el espacio

Así se ve a Península Ibérica de noite desde o espazo

Península Ibérica desde el espacio

A NASA vén de publicar esta espectacular imaxe nocturna da Península Ibérica tomada o pasado 26 de xullo desde a Estación Espacial Internacional. Na fotografía obsérvase unha densa franxa de luces que sinala os grandes núcleos de poboación en Galicia, e que percorre a franxa atlántica na provincia de Pontevedra —na que se pode apreciar a maior concentración de luz artificial— e se estende polo interior até Santiago de Compostela e na costa norte pola Coruña e Ferrol. Tamén destaca unha delgada franxa luminosa que se estende polo sur de Galicia até Ourense. A despoboación do interior de Galicia, sobre todo na provincia de Lugo, obsérvase nas maiores zonas escuras captadas nesta imaxe. No resto de España, no interior contrasta a luminosidade de Madrid coas grandes áreas escuras da Meseta, a intensidade da costa catalana e do Levante ou núcleos urbanos como Sevilla. E en Portugal, Lisboa e Porto son os dous grandes faros lusos para os astronautas da Estación Espacial Internacional. | Foto: NASA.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.