Monstro de Tully.

Monstro de Tully.

Unha lamprea de hai 300 millóns de anos

Monstro de Tully.

Monstro de Tully.

O monstro Tully (Tullimonstrum gregarium), unha especie xa extinta que habitou a zona de Mazon Creek en Illinois (Estados Unidos) fai uns 307 millóns de anos, intrigou aos científicos durante máis de medio século. Polas súas características morfolóxicas comparárono cun verme, un molusco, un artrópodo e un conodonto.

Ata agora críase que era un invertebrado de corpo brando, pero unha nova análise de máis de 1.200 fósiles, realizado por científicos estadounidenses, revelou que esta especie posuía unha estrutura de esqueleto cartilaxinoso, bolsas branquiais, articulacións dentro da súa trompa, e varias filas de dentes na boca. Estes trazos demostran que o monstro Tully era en realidade un vertebrado que pertencería á liñaxe das lampreas (peces sen mandíbulas), segundo publica a revista Nature esta semana.

Medía uns 10 cm e posuía un corpo delgado, sobre o que tiña unha extremidade fina e alongada na parte superior cun ollo en cada lado que se encargaba de protexer os nervios ópticos. Ademais, posuía unha aleta caudal e unha especie de trompa. Na imaxe apréciase a recreación deste ser vivo segundo a nova descrición.

Os resultados do traballo permiten coñecer mellor a diversidade na liñaxe das lampreas, e proporcionan información sobre un clado que se caracteriza por morfoloxías que aínda se conservan na actualidade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.