As mellores fotos de natureza do World Press Photo

Foto: Francis Pérez.

O premio World Press Photo 2017 vén de galardoar as mellores imaxes xornalísticas do ano tamén na categoría de natureza. Son fotos impactantes que tamén serven ás veces como denuncia. O canario Francis Pérez, cunha imaxe dunha tartaruga atrapada nunhas redes, foi o gañador do primeiro premio nesta categoría.

Foto: Francis Pérez.
Foto: Francis Pérez.

O fotógrafo canario Francis Pérez gañou o World Press Photo 2017 na categoría de Natureza con esta imaxe dunha tartaruga atrapada polas redes. A imaxe foi tomada en augas de Tenerife en xuño de 2016 e supón tamén unha denuncia sobre a contaminación do mar e as súas consecuencias sobre a fauna mariña.

Publicidade

Foto: Nayan Khanolkar.
Foto: Nayan Khanolkar.

O segundo premio na categoría Natura foi para o fotógrafo indio Nayan Khanolkar, por esta imaxe dun leopardo titulada: Un gran gato no meu patio traseiro.

Foto: Jaime Rojo.
Foto: Jaime Rojo.

O mexicano Jaime Rojo gañou o terceiro premio na categoría Natura do World Press Photo con esta fermosa imaxe formada por bolboretas monarca.

Foto: Brent Stirton.
Foto: Brent Stirton.

O primeiro premio para reportaxes de natureza foi para o fotógrafo surafricano Brent Stirton por un impactante traballo sobre a caza do rinoceronte. Estes animais están a ser masacrados para obter o seu ‘corno’, moi prezado pola crenza de que posee virtudes mediciñais.

Foto: Ami Vitale.
Foto: Ami Vitale.

O segundo premio en reportaxes de natureza foi para a estadounidense Ami Vitale por un traballo espectacular sobre os osos panda.

Foto: Bence Maté.
Foto: Bence Maté.

O húngaro Bence Maté acadou o terceiro premio con esta reportaxe de natureza sobre os cervos en Europa.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.