Underwater Photographer of the Year 2017: Dancing Octopus by Gabriel Barathieu

Underwater Photographer of the Year 2017: Dancing Octopus by Gabriel Barathieu

As máis espectaculares fotos mariñas do ano

Xa están aquí os resultados do impresionante certame Underwater Photographer of the Year 2017

Xa están aquí os gañadores do impresionante certame Underwater Photographer of the Year 2017. Que recoñece aos mellores fotógrafos submariños do ano. Aquí tedes unha selección, pero hai preto de mil escollidas na páxina oficial deste concurso para mergullarse na fotografía.

Underwater Photographer of the Year 2017: Dancing Octopus by Gabriel Barathieu

Underwater Photographer of the Year 2017: Dancing Octopus by Gabriel Barathieu

Esta imaxe, titulada ‘Pulpo bailarín’, foi elixida a mellor do ano. Foi tirada polo francés Gabriel Barathieu no arquipélago das Comoras.

 

Behaviour WINNER: Your home and my home by Qing Lin

Behaviour WINNER: Your home and my home by Qing Lin

Nesta imaxe de Qing Lin vemos tres peixes pallaso xunto a unhas anémonas que manteñen na súa boca a parasitos isópodos.

Csaba Tökölyi

Csaba Tökölyi

A mellor foto de naufraxios do ano. Foi captada por Csaba Tökölyi en Anilao, nas illas Filipinas, e o xurado valorou especialmente que transmite unha atmosfera de ‘ciencia-ficción’.

Silversides at Twilight by Tony Myshlyaev

Silversides at Twilight by Tony Myshlyaev

O canadense Tony Myshlyaev tomou esta fotografía que retrata un coruscate cardume aproximándose a un peirao.

Jean Tresfon

Jean Tresfon

‘Balea xorobada alimentándose de krill’, do sudafricano Jean Tresfon, foi unha das finalistas. Cada ano, estes xigantes reúnense en Didade do Cabo para alimentarse preto da costa.

Greg Lecoeur.

Greg Lecoeur.

Estas tartarugas verdes semellan voar nas augas azuis. O fotógrafo Greg Lecoeur obtivo unha mención especial no certame grazas a este imaxe.

David Alpert.

David Alpert.

Cando a candorca entre en acción, os cardumes de peixe saen a lume de carozo. Como nesta imaxe seleccionada do fotógrafo David Alpert.

Unha resposta a “As máis espectaculares fotos mariñas do ano”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.