Arte na rúa para salvar as abellas

Save the Bees
Os pintores urbanos Louis Masai e Jim Vision crearon estes murais con abellas para concienciar á poboación do problema da diminución destes animais en todo o mundo. As obras forman parte da campaña ‘Save the Bees’ (‘Salva as abellas’), que comezou en Londres como resposta artística ó tema urxente da diminución das poboacións de polinizadores. As abellas son fundamentais para a polinización das flores e resultan necesarias para a sostibilidade da agricultura en todo o mundo. Xa non resulta descoñecido, para quen queira estar informado, que estamos a enfrontarnos a un problema de dimensións desproporcionadas no que se refire á perda de polinizadores, tamén denominado colapso de polinización. Arredor do 75% dos cultivos vexetais humanos requiren ser polinizados por insectos, principalmente abellas.

Save the Bees
Louis Masai comezou a súa aventura despois de regresar a Gran Bretaña dunha viaxe a Sudáfrica, onde aprendeu a importancia que teñen nos ecosistemas estes himenópteros. Pronto contou coa colaboración de Jim Vision para crear estes murais nas rúas de Londres.

Save the Bees
Os murais van acompañados de mensaxes para concienciar á xente sobre os riscos da desaparición das abellas para o noso planeta: “Cando nos vaiamos, levarémonos a todos vostedes connosco”.

Save the Bees
A campaña comezou nas rúas de Londres e xa se estendeu no Reino Unido a Bristol, Devon e Glastonbury, ou en Estados Unidos a Nova York, Miami e Nova Orleans.

Save the Bees
Masai xa creou máis murais adicados a especies en perigo de extinción. No seu ánimo está “cuestionar por que os humanos non sinten a extinción das especies do mesmo xeito que a morte dunha celebridade”.

save-the-bees6
Os dous artistas pintan as abellas detalladas morfoloxicamente ata o último detalle e tamén enxames destes insectos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.