A remota galaxia solitaria

The WLM galaxy on the edge of the Local Group

Do mesmo xeito que unha tribo sen contactar nas profundidades dunha selva, a afastada galaxia WLM ofrece unha rara visión da natureza galáctica pouco alterada pola súa contorna. Esta escena, captada desde Chile pola cámara OmegaCAM, instalada no telescopio VLT do Observatorio Europeo Austral (ESO), mostra á solitaria WLM.

Aínda que se considera parte do noso grupo local de galaxias, formado por ducias delas, WLM permanece illada nos bordos exteriores do grupo, converténdoa nun dos seus membros máis remotos. De feito, é tan pequena e está tan apartada, que quizá non interactuase nunca con ningunha outra galaxia en toda a historia do universo.

Publicidade

WLM foi descuberta en 1909 polo astrónomo alemán Max Wolf e identificada como unha galaxia uns quince anos máis tarde polos tamén astrónomos Knut Lundmark e Philibert Jacques Melotte, de aí o seu inusual alcume. Esta escura galaxia atópase na constelación de Cetus (o monstro mariño), a uns tres millóns anos luz da nosa Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.