A NASA atopa columnas de vapor de auga na lúa Europa

PIA19048

Auga en Europa. Con emisións de vapor. A ‘nova sorprendente’ da NASA sobre o satélite de Xúpiter candidato a acoller vida é a confirmación de que hai auga neste satélite. Ao punto de que se teñen detectado columnas de auga, tanto en observación directa (indiciaria no tránsito fronte ao planeta) como en ultravioleta. Aínda que os científicos desexarían facer máis probas e mesmo levar unha sonda espacial ata este mundo situado a 628 millóns de kms da Terra.

As evidencias amosan pistas dun océano subterráneo de auga en Europa, que podería ser explorado na busca de moléculas orgánicas ou evidencias de vida. O responsable do achado é o telescopio orbital Hubble, en observación con luz ultravioleta. Aínda que a NASA tamén atopou indicios en imaxes da sonda Cassini sobre o satélite Encélado, con columnas de vapor.

Publicidade

Imaxe na que a NASA identifica columnas de auga.
Imaxe na que a NASA identifica columnas de auga.

Nunha rolda de prensa que espertou atención mundial, Britney Schmidt, profesora do Instituto Tecnolóxico de Georgia, confirmou os datos da nave Cassini, coas columnas de vapor que son verquidas ao espazo. As observacións do telescopio Hubble foron rexistradas no ano 2014, pero levou moito tempo reconstruir a información. Houbo que optimizar as imaxes e analizar os movementos de Europa e Xúpiter ata obter a conclusión agora presentada. William Sparks manifestou: “Non é simplemente tomar unha foto; é moito máis complexo”.

Paul Hertz, da NASA, achegou un toque épico a rolda de prensa: “Unha vez preguntámonos se podería haber vida máis alá da Terra. Vivimos nunha era na que os instrumentos nos permiten responder a esa pregunta”. A axencia espacial baralla diversas misións cara a Europa nos últimos anos. Pero os científicos salientaron que a sonda Juno, que agora orbita Xúpiter, non podería tomar imaxes precisas nin recoller mostras. Así que o anuncio do achado de auga en Europa deixa sobre a mesa a importancia dunha ambiciosa misión futura.

A existencia dun océano baixo da superficie de Europa é unha teoría moi estendida dende hai anos. Agora chega a evidencia. Pero as dúbidas sobre a posibilidade de vida seguen aí. Porque se sospeita que a superficie do satélite impida a entrada de luz e, polo tanto, que poida realizarse a fotosíntese. Unha fonte interna de enerxía sería unha alternativa a esta realidad. Pero, cando menos, semella haber evidencias dunha especie de ‘geisers’ que botan columnas de auga ao espazo dende o interior de Europa.

Restos de vapor de agua observados no tránsito de Europa ante Xúpiter.
Restos de vapor de agua observados no tránsito de Europa ante Xúpiter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.