Non vai máis aló dun conxunto de píxeles nerviosos en branco e negro. Pero son as imaxes que permitiron á NASA determinar que a estrela Trappist-1 tiña sete planetas na súa órbita. A animación amosa a cantidade de luz detectada por cada píxel nunha pequena sección da cámara a bordo do telescopio espacial Kepler. Como o seu sol está a 40 anos luz, eses sutís fogonazos que capta o telescopio espacial saíron da estrela cara á Terra hai catro décadas, en 1977.
A luz de Trappist-1, unha estrela tenue e fría, das denominadas ananas vermellas, é o punto máis claro no centro da imaxe. Parao telescopio Kepler, non foron directamente visibles os sete planetas do tamaño da Terra que orbitan arredor dela. O que si capta Kepler son as pequenas oscilacións no brillo da estrela cando os seus planetas se cruzan coa visión do telescopio, provocando oscilacións na súa intensidade.
Telescopios como Kepler poden captar estas pequenas distorsións cando os planetas bloquean unha mínima fracción da luz da estrella. Esta fórmula de atopar exoplanetas é o denominado método de tránsitos, o máis exitoso nestes momentos para a procura de novos mundos. O propio Kepler revelou de golpe en 2011 máis de 1.200 candidatos a exoplanetas usando esta técnica.