Sol na praia

Sol na praia

Harvard demostra que a adicción ó bronceado é tan potente como a da heroína

Sol na praia

A tanorexia é a adicción aos raios UVA e a lucir unha pel morena. Unha investigación realizada en ratos por científicos da Universidade de Harvard apunta unha posible explicación hormonal para esta fixación. Os resultados sinalan un comportamento tan aditivo á exposición ao sol como ao consumo de heroína. O estudo da Escola Médica de Harvard (EUA) revela que a exposición crónica á radiación ultravioleta (UV) provoca en ratos a liberación de endorfinas -coñecidas como hormonas do benestar- O achado, publicado a pasada semana na revista Cell, demostra que a adicción ao sol comparte a mesma vía hormonal que a do consumo de heroína. O devandito mecanismo é responsable de paliar a dor mediante a activación dos receptores opioides. Os investigadores levaron a cabo as análises en roedores afeitados -para que os raios penetrasen a súa pel-, dividíndoos en dous grupos: expostos e non expostos á luz UV. En sete días, o nivel de endorfinas no torrente sanguíneo aumentara só no primeiro grupo. Ás seis semanas, os autores administraron aos mamíferos ‘bronceados’ un fármaco bloqueador dos devanditos receptores opiáceos -é dicir, contra a acción da endorfina – que lles causou síntomas de abstinencia: tremores e bater de dentes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.