palabra do ano

Xa podes votar aquí pola Palabra do Ano 2017

O Portal das Palabras convoca unha nova edición do certame que o ano pasado gañou 'irmandade'

Por cuarto ano consecutivo, o Portal das Palabras pon en marcha a campaña aberta a toda a cidadanía para escoller a Palabra do Ano. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde hoxe, 4 de decembro, e ata o 17 de decembro.

Posteriormente, do 18 ao 26 de decembro, someteranse a votación os termos máis repetidos e máis significativos. O 27 de decembro darase a coñecer o gañador, que será a Palabra do Ano 2017. Nas edicións anteriores foron escollidas irmandade (2016) -coincidindo co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiados (2014) e corrupción (2014).

O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización da nosa lingua. O traballo conxunto entre ambas as institucións permitiu tamén levar a cabo as últimas actualizacións do Dicionario da Academia, que fan posible un uso máis personalizado e interactivo, e o desenvolvemento de aplicacións para empregalo desde teléfonos móbiles e tabletas con sistemas iOS e Android.

Ao longo do ano 2017, as palabras máis buscadas no Dicionario en liña da RAGC foron ‘afouteza‘ e ‘conacha, xunto con moitos termos relacionados coa ortografía.

Aquí podes votar
A Palabra do Ano 2017

20 respostas a “Xa podes votar aquí pola Palabra do Ano 2017”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.