castelo

Adiviña onde estamos: 550 anos da guerra irmandiña

Este castelo acolle esta noite unha festa que conmemora a rebelión contra os nobres galegos, acontecida en 1467

GCiencia comeza, neste primeiro día de xullo, unha nova sección que acompañará aos nosos lectores durante as fins de semana de xullo e todos os días de agosto. “A viaxe do día” ofrecerá cada día unha proposta de visita a un lugar do noso territorio.

A través da xeoloxía, a bioloxía, a química, a xeografía ou a historia, contaremos os datos máis relevantes destes lugares. Ás veces, coincidirá con algunha festa relevante que se celebra nestes sitios.

Hoxe, 1 de xullo, conmemoramos os 55o anos da revolta irmandiña. A peste, as malas colleitas e os abusos da nobreza colmaron a paciencia do pobo. En 1467, os irmandiños asaltaron e destruíron fortalezas por toda Galicia, provocando a fuxida dos nobres cara Castela e Portugal.

Apenas dous anos despois, en 1469, a nobreza comezou o contraataque. Tardaron pouco en recuperar as fortalezas arrebatadas polos irmandiños. Algunhas quedaron destruídas, mais algunhas, como a que amosamos hoxe, foi reconstruída e aínda hoxe conserva o seu maxestoso aspecto.

Sabedes onde estamos hoxe?

Se coñecedes a resposta, só queda berrar “Lume!”.

7 respostas a “Adiviña onde estamos: 550 anos da guerra irmandiña”

  1. maria

    Lume!!!!! Estamos no castelo de San Sadurniño.
    E hoxe deberiamos poñer lume a os políticos, eles son os nobres do noso tempo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.