Venres 19 Abril 2024

Estas son as oito finalistas a Palabra do Ano 2017

Afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina ou violencia de xénero. Unha delas será a Palabra do Ano 2017, segundo a lista que deu a coñecer este luns o Portal das Palabras. Desde o 4 de decembro, esta iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié recibiu máis de 6.700 achegas de usuarios e usuarias, que propuxeron cerca de 900 palabras diferentes.

A votación estará aberta ata as doce da noite do 25 de decembro, nesta ligazón do Portal das Palabras. Pode participar calquera persoa na votación, tendo en conta que só se poderá votar unha vez por equipo nun período de 24 horas e non se admitirán votos de tres dispositivos por cada enderezo IP. A gañadora darase a coñecer o mércores 27 de decembro.

Publicidade

As palabras aspirantes a Palabra do Ano 2017 cumpren cos seguintes criterios: están  á cabeza das máis repetidas entre todas as que chegaron; son palabras contundentes, con forza informativa, que centraron por diversos motivos os temas de maior presenza mediática e máis impacto social do ano; e teñen, as máis delas, un valor engadido desde o punto de vista estritamente lingüístico, ben por seren terminoloxía de nova creación, por exemplificaren usos singulares ou por seren colocacións léxicas de plena actualidade.

Nas tres edicións anteriores, as gañadoras foron irmandade (2016), refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).

Aquí podes votar as finalistas da Palabra do Ano 2017

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Cibercarracho’, elixida Palabra do Ano 2023

A gañadora conseguiu un 40% dos votos e o vocábulo 'feitiño' quedou en segundo posto cun 30% dos apoios

‘Biodiversidade’, ‘cibercarracho’, ‘feitiño’… Elixe a Palabra do Ano 2023

As seis voces finalistas están relacionadas coas preocupacións sociais ou os acontecementos que deixaron pegada na cidadanía

Descubrir o galego mentres xogas: esta é a nova aplicación para mellorar o teu léxico

A ferramenta da RAG e da Fundación Barrié pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade

‘Comadre’, elixida Palabra Galega do Ano 2022

A gañadora conseguiu máis do dobre de votos que 'candorca', a segunda clasificada, con 'ecocidio' en terceiro posto