Venres 19 Abril 2024

O aire do Ártico trae unha alerta por neve a case toda Galicia

A entrada dunha masa de aire ártico marítimo, húmida e moi fría, traerá a neve a case toda Galicia. Tanto Meteogalicia como a Aemet xa dan conta da alerta amarela, que nas zonas máis elevadas se podería converter en laranxa. As predicións apuntan a que entre a tarde do mércores e a madrugada do xoves caerán folerpas na cota dos 400 metros, con algúns momentos puntuais que poden baixar mesmo ata os 200 metros. É dicir, na práctica totalidade do territorio, agás nas zonas baixas de costa.

Hai alerta amarela en terra para o mércores 22 e o xoves 23 de marzo. E tamén alerta laranxa no mar, con ondas que irán dos 4 ata os 7 metros de altura, nomeadamente no litoral da Coruña.

Publicidade

A Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET) asegura que a cota dos 200 metros chegará a ser xeral en toda Galicia nalgún momento, aínda que será no interior onde as nevaradas serán máis intensas. A Xunta de Galicia xa anunciou a suspensión do transporte escolar en 176 concellos de Galicia, onde tamén serán vetadas as actividades extraescolares fóra dos centros.

Aire ártico marítimo

As masas de aire ártico marítimo chegan dende latitudes do círculo polar. É máis fría que a polar marítima debido a que procede directamente desde latitudes máis altas, e non ten tempo de quentarse ao pasar polas zonas terrestres das Illas Británicas.

Inicialmente é unha masa seca en capas baixas pero polo seu percorrido marítimo se vai cargando de humidade e atopándose con augas relativamente máis cálidas. Este feito xera convección, con nubes e precipitacións, que serán de neve en Galicia esta semana. Cando este aire ártico marítimo entra en contacto coa orografía de Galicia vai deixando auga en forma de neve.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores