Imaxe: Kamil Porembiński / CC BY-SA 2.0.

Imaxe: Kamil Porembiński / CC BY-SA 2.0.

Martina, Daniela, Enzo, Izan: así se chaman os nenos galegos

O IGE publica a estatística cos nomes máis habituais dos nenos e nenas nacidas na comunidade durante 2016

Que nomes lles poñen os pais e nais galegos aos seus fillos? Xa non somos terra de Manueles, Xosés, Xesuses, Antonios, Franciscos, Carmes, Marías, Dolores ou Xosefas, os nomes propios máis comúns no conxunto da poboación. O Instituto Galego de Estatística publicou a relación dos nomes máis habituais entre os nenos e nenas galegas nacidos en 2016.

No que respecta ás nenas, destacan nomes xa frecuentes nas últimas décadas, como Sofía, Sara, Alba, Lucía ou Carmen. Pero tamén aparecen outros que collen forza nos últimos anos, como Noa, Martina, Daniela, Valeria ou Vera. Hai que mirar máis abaixo para ver algún onomástico máis propio da lingua e a cultura galegas, como Uxía (17ª), Antía (20ª) ou Sabela (21ª).

Entre os nenos, nas primeiras posicións figuran Martín, Mateo, Hugo, Lucas ou Pablo, relativamente comúns nas listas dos últimos anos. Non en tanto, xorden tamén nesta lista algúns novos, cunha puxanza máis recente. Así, na 8ª posición está Leo; na 9ª, Enzo, na 11ª Izan e na 14ª Gael. Outros onomásticos, como Anxo (17º), Brais (18º), Iago (19º), Xoel (25º), Roi (30º) ou Lois (34º), aparecen máis abaixo na táboa.

Esta é a táboa dos 50 primeiros nomes en cada sexo:

.

.

Unha resposta a “Martina, Daniela, Enzo, Izan: así se chaman os nenos galegos”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.