Xoves 25 Abril 2024

GCiencia supera os 40.000 seguidores en Facebook

A comunidade de GCiencia non deixa de medrar. A páxina de Facebook do Portal da Ciencia Galega superou esta semana os 40.000 seguidores, consolidándose como o medio dixital nativo máis seguido de Galicia e por riba das edicións dixitais da meirande parte dos xornais. De feito, GCiencia é o primeiro medio en galego e o quinto en xeral, só por detrás de La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e moi preto de La Opinión e El Correo Gallego.

Os datos de GCiencia en Facebook amosan un crecemento constante. O alcance das publicacións supera os 2 millóns de lectores cada mes. Tamén destaca o impacto dos nosos audiovisuais, cunha media de 100.000 reproducións de vídeo cada semana.

Publicidade

GCiencia supera as 100.000 reproducións de vídeo cada semana

A interacción é unha constante de GCiencia na rede social, cunha media diaria de 13.000 ‘Me gusta’ e contido compartido. Cada semana, as interaccións coas publicacións de GCiencia superan a cifra das 90.000.

Cando GCiencia naceu no ano 2013, alguén podería pensar que un medio de comunicación dedicado á ciencia en Galicia podería espertar un interese limitado. Nada máis lonxe da realidade. Porque a ciencia o abrangue todo: saúde, medio ambiente, tecnoloxía, economía, historia, mar, universidade, natureza… E o resultado é unha audiencia notable con cifras que mesmo son un fenómeno en visitas e impacto en redes sociais.

Este mes, o portal da ciencia galega superou os 40.000 seguidores en Facebook, converténdose no medio dixital nativo con máis fans en Galicia. O impacto en Facebook dos contidos de GCiencia tradúcese nun crecemento espectacular no ano 2017, cun incremento medio de dous mil seguidores mensuais. Este impacto na rede social máis importante, que hoxe é clave na difusión, permitiu medrar de xeito espectacular a audiencia media de GCiencia.

me gustas

O perfil dos lectores de GCiencia amosa unha ampla representación en todos os eidos. Conta cun público fiel na comunidade investigadora e tamén na universidade. Mentres que, nos meses de curso académico, ten un amplo impacto no eido escolar en Primaria e Secundaria. Pero a realidade é que a audiencia abrangue todos os sectores, nun amplo retrato da sociedade. As estatísticas amosan unha leve primacía de mulleres (55,1%) sobre varóns (44,9%), con maior seguimento das idades comprendidas entre os 25 e 54 anos, con especial incidencia no abano entre os 35 e 44 anos.

Reportaxes, entrevistas e novas conforman a oferta informativa diaria de GCiencia, que engade seccións especiais como ‘Innovar para Emprender’, ‘A Ciencia dos Porqués’, ‘Historias GC’ ou a sección de audiovisuais de produción propia ‘Ciencia en Vivo’, que se edita en tres versións para chegar aos públicos máis amplos: galego, castelán e inglés. Ademais, GCiencia leva tres anos consecutivos elixida para o maior programa de divulgación científica en España, convocado pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología, do Ministerio de Economía.

GCiencia organiza os premios ‘Galicia Spin-off’, que recoñece a mellor iniciativa empresarial nacida nas universidades galegas, e ‘Contar a Ciencia’, que recoñece o xornalismo científico universitario. Ademais, colabora coa Real Academia Galega de Ciencias, editando a súa revista e anuario ‘A Ciencia en Galicia’.

GCiencia gañou no 2015 o Premio á Mellor Comunicación Dixital no Sector Xornalístico, que outorga o Foro da Comunicación de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario