GCiencia supera os dous millóns de páxinas vistas cada mes.

GCiencia supera os dous millóns de páxinas vistas cada mes.

GCiencia conclúe con éxito a súa programación con FECYT 2017

As seccións 'Ciencia en Vivo', 'A Ciencia dos Porqués' e 'Innovar para Emprender' colleitaron unha gran audiencia

GCiencia conclúe con éxito a súa programación de 2017 coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. Por terceira convocatoria consecutiva, GCiencia participaba no principal plan estatal de divulgación cientifica.

Ao longo do que resta de 2017, GCiencia relanzou dous proxectos emprendidos xa en 2014, como son as series Ciencia en Vivo e Innovar para Emprender, ás que sumou unha terceira: A Ciencia dos Porqués. Con esas tres propostas, o dixital galego colleitou importantes datos de audiencia, que avalan a calidade dos contidos producidos, tanto escritos como audiovisuais.

GCiencia desenvolveu en virtude desta convocatoria un plan de contidos audiovisuais denominado Ciencia en Vivo, que cumpriu a súa terceira edición. A súa filosofía é a de divulgar en todo o mundo a ciencia e a investigación feitas en Galicia. Para iso, realizáronse dez pezas audiovisuais, todas elas trilingües (galego, castelán e inglés) que se publicaron na propia web.

As seccións Ciencia en Vivo e I+E son trilingües: en galego, castelán e inglés

Outra sección análoga que se reeditou foi I+E (Innovar para Emprender), con 20 reportaxes ao longo do ano dedicados a divulgar exemplos de empresas que alcanzaron o éxito comercial a través da innovación en Galicia. Desde unha perspectiva humana, os relatos xornalísticos, tamén trilingües, contaron as historias de compañías galegas que, grazas á súa aposta pola ciencia e pola economía do coñecemento, e en particular mediante programas de innovación implantados co apoio das Administracións central e autonómica. I+E contou co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain), da Xunta de Galicia.

GCiencia é un portal de ciencia editado por Ciencia Galega Industrias Creativas S.L. e creado en 2013 por un equipo de profesionais da información co obxectivo de divulgar a investigación científica de Galicia. Ao longo da súa traxectoria, gciencia.gal consolidouse como o medio dixital máis lido de Galicia, con máis de dous millóns de visitas mensuais, e o que aglutinou a maior comunidade de seguidores nas redes sociais, cunha comunidade de máis de 50.000 persoas.

GCiencia foi distinguido como proxecto Iprox do Colexio de Xornalistas en 2013, co Premio de Xornalismo Dixital do Foro da Comunicación de Galicia en 2015 e como nomeado ao Premio do Público da feira Culturgal da cultura galega neste 2017. Ciencia Galega Industrias Creativas organiza outras actividades como os Premios Galicia Spin-Off,  patrocinado polo Banco Pastor, ou o universitario de comunicación científica Contar a Ciencia da Real Academia Galega de Ciencias, no que colaboran a Fundación La Caixa e a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta.

logo_MEIC_FECYT_Web

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.