estatísticas 3

GCiencia convértese no dixital máis seguido de Galicia con 21.000 fans en Facebook

As publicacións do portal da ciencia galega suman máis de 600 'likes' diarios e un alcance de 320.000 persoas semanais

Cando GCiencia naceu no ano 2013, alguén podería pensar que un medio de comunicación dedicado á ciencia en Galicia podería espertar un interese limitado. Nada máis lonxe da realidade. Porque a ciencia o abrangue todo: saúde, medio ambiente, tecnoloxía, economía, historia, mar, universidade, natureza… E o resultado é unha audiencia notable con cifras que mesmo son un fenómeno en visitas e impacto en redes sociais.

Este mes, o portal da ciencia galega superou os 21.000 seguidores en Facebook, converténdose no medio dixital nativo con máis fans en Galicia. Tamén é un dos de maior impacto, cunha media de 600 ‘Gústame’ diarios e un alcance de 80.000 usuarios únicos ao día e preto de 320.000 cada semana. Deste xeito, GCiencia convértese no medio dixital nativo de Galicia con máis seguidores.

GCiencia ten en Facebook un alcance de 80.000 usuarios únicos diarios

O impacto en Facebook dos contidos de GCiencia se traduce nun crecemento espectacular no ano 2016. Dende o pasado mes de maio, este medio de comunicación sumou máis de dous mil seguidores mensuales. Este impacto na rede social máis importante, que hoxe é clave na difusión, permitiu medrar de xeito espectacular a audiencia media de GCiencia.

O perfil dos lectores de GCiencia amosa unha ampla representación en todos os eidos. Conta cun público fiel na comunidade investigadora e tamén na universidade. Mentres que, nos meses de curso académico, ten un amplo impacto no eido escolar en Primaria e Secundaria. Pero a realidade é que a audiencia abrangue todos os sectores, nun amplo retrato da sociedade. As estatísticas amosan unha leve primacía de mulleres (55,1%) sobre varóns (44,9%), con maior seguemento das idades comprendidas entre os 25 e 54 anos, con especial incidencia no abano entre os 35 e 44 anos.

Reportaxes, entrevistas e novas conforman a oferta informativa diaria de GCiencia, que engade seccións especiais como ‘Innovar para Emprender’, ‘Sementes do coñecemento’, ‘Historias GC’ ou a sección de audiovisuais de produción propia ‘Ciencia en Vivo’, que se edita en tres versións para chegar aos públicos máis amplos: galego, castelán e inglés. Ademais, foi elixida para o maior programa de divulgación científica en España, convocado pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología, do Ministerio de Economía. No ano 2016, o portal da ciencia galega revalidou a súa presenza neste programa, onde só foron elixidos outros dos medios en España: El País e CRTVG.

GCiencia, que gañou no 2015 o Premio á Mellor Comunicación Dixital no Sector Xornalístico, que outorga o Foro da Comunicación de Galicia,  conta ademais cun equipo de colaboradores a través de bitácoras e tribunas de opinión de científicos de prestixio. Publicamos o APOD Galego da NASA, co astrofísico Dosi Veiga; e tamén o podcast semanal do programa Efervesciencia, que dirixe o xornalista Manuel Vicente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.