Nalgúns encoros, o nivel da auga baixou sensiblemente.

Nalgúns encoros, o nivel da auga baixou sensiblemente.

Galicia tivo un 27% de chuvias menos do habitual no verán

O informe de Meteogalicia amosa unha estación moi cálida e seca; as precipitacións acumuláronse en dous episodios de chuvias torrenciais

Coa situación de prealerta activada por parte da Xunta debido ao baixo caudal dos ríos, o verán remata con datos negativos no tocante ás precipitacións. Segundo o balance meteorolóxico do verán presentado este martes por Meteogalicia. No conxunto do país houbo un 27% menos de chuvia do que é habitual nesta estación.

No seu conxunto, os meses de xuño, xullo e agosto foron “moi cálidos” segundo o baremo da axencia meteorolóxica. As temperaturas medias rexistraron unha anomalía positiva de 0,9ºC, e tanto as máximas como as mínimas estiveron sensiblemente por riba dos valores de referencia para a época. As comarcas de Lugo en Verín, con 2ºC por riba do normal, e a Costa da Morte, con 0,5ºC por debaixo do valor promedio, marcaron os estremos dos rexistros.

Non en tanto, o que máis preocupou nestes últimos meses a cidadáns e autoridades foi a escaseza de chuvias. Na comparecencia desta mañá, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, apuntou que a finais de mes o ente autonómico “vai tomar unha decisión“.

Así, o valor medio de chuvia no conxunto de Galicia foi de 92 l/m2. As precipitacións máis intensas tiveron lugar en zonas moi localizadas, con intensidade torrencial. Destacan os episodios de finais de agosto, co fenómeno da DANA, e de comezos de xullo. Os valores máis altos marcáronse en Ortegal e a Mariña de Lugo, e tamén destacan os niveis de Celanova e A Limia, marcados polas tormentas. Pola contra, Verín, Viana e o litoral da provincia de Pontevedra non superaron os 40 litros por metro cadrado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.