Presentación na USC do IV Premio Contar a Ciencia, organizado por GCiencia.

Presentación na USC do IV Premio Contar a Ciencia, organizado por GCiencia.

Doce reportaxes seleccionadas para o IV Premio Contar a Ciencia

GCiencia organiza este certame que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co patrocinio da Fundación 'la Caixa'

A cuarta edición do premio Contar a Ciencia conta cunha ducia de propostas de reportaxes que aspiran a obter algún dos galardóns deste certame. Nesta edición destaca a variedade de propostas presentadas polos estudantes de Comunicación das tres universidades galegas, que van dende os últimos avances médicos, ata a astronomía, pasando por descubrimentos arqueolóxicos e tamén pola investigación no campo da acuicultura, entre outras temáticas.

Os estudantes que participan no premio terán agora o prazo dun mes para elaborar as súas reportaxes, que serán publicados no portal GCiencia e que serán avaliados polo xurado para decidir aos gañadores desta edición. Nesta oportunidade o premio foi convocado pola Real Academia Galega de Ciencias (RACG) e conta co patrocinio da Fundación “la Caixa” e co apoio da Secretaría Xeral de Universidades. GCiencia é a organizadora do certame.

A Secretaría Xeral de Universidades e a marca galega Primux colaboran no certame

Entre os obxectivos do premio atópanse a divulgación da ciencia e da investigación que se desenvolven nos distintos campus e achegar o xornalismo e a ciencia ao gran público. Nas últimas edicións destacou a calidade dos traballos presentados. En 2016 gañou o primeiro premio a estudante da Uvigo Ariadna Cordal, cunha reportaxe sobre o uso da domótica para axudar as persoas dependentes.

O xurado estará integrado por representantes da RAGC, de GCiencia, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, de “la Caixa”, da Secretaría Xeral de Universidades e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

O traballo que resulte gañador obterá un premio de 700 euros e un smartphone da marca galega Primux, ademais haberá dous finalistas que serán premiados cunha tablet Primux cada un deles. Os traballos seleccionados na primeira fase  obterán un diploma acreditativo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.