.

.

Ceos despexados para ver pasar a Estación Espacial sobre Galicia

A nave poderase ver durante máis de seis minutos a partir das 19.25 horas deste luns, e pasará sobre A Coruña

Os ceos despexados debidos ao anticiclón deste comezo de semana permitirán gozar esta tarde en Galicia dun novo paso da Estación Espacial Internacional. A nave, que dá 15 voltas cada día ao planeta Terra, cruzará hoxe o ceo sobre Galicia a partir das 19.25 horas.

Será un paso con moi boas condicións, debido a ausencia de nubes, á duración do avistamento (máis de seis minutos), e á proximidade con Galicia. Así, a Estación Espacial pasará case sobre a vertical da Coruña, a uns 400 quilómetros de altura. Por tanto, coa previsión de ceos despexados, será un bo momento para botar a vista ao ceo.

Actualmente, viaxan a bordo da ISS seis astronautas: os rusos Anton Shkaplerov e Alexander Misurkin, os estadounidenses Scott Tingle, Mark Vande Hei e Joe Acaba, e o xaponés Norishige Kanai.

Podes ver en directo imaxes desde a Estación Espacial nesta ligazón

 

4 respostas a “Ceos despexados para ver pasar a Estación Espacial sobre Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.