Imaxe infravermella con cor desde satélite de "Ana", ás 13.30 horas do domingo. Fonte: Meteogalicia.

Imaxe infravermella con cor desde satélite de "Ana", ás 13.30 horas do domingo. Fonte: Meteogalicia.

Por que “Ana” ten nome propio?

As axencias meteorolóxicas de España, Portugal e Francia acordaron este mes bautizar as borrascas profundas para concienciar máis á poboación

Parte de Galicia (a provincia de Pontevedra e a montaña de Lugo e Ourense) entra en alerta vermella na tarde deste domingo debido á chegada dos ventos e as chuvias do temporal Ana, que tamén obrigou a activar a alerta laranxa no resto do país e os niveis laranxa e vermello en todo o noroeste da Península.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) e Meteogalicia informaron esta mañá da alerta vermella, que significa risco extremo, debido a refachos de ata 140 km/h nalgúns puntos, e choivas de ata 30 l/m2 nunha hora 90 l/m2 en 12 horas nas provincias de Pontevedra e Ourense e na zona sur e da montaña de Lugo. No resto da comunidade, os valores serán menores, pero tamén intensos, con ventos de 120 km/h e acumulados de chuvia de 40 l/m2 en 12 horas.

Ata as 14.30 horas, tal e como indica o visor de MeteoGalicia, xa se superaron os 60 l/mde chuvia e os 100km/h de vento en varias estacións da rede:

Valores acumulados de chuvia (esquerda) e refacho máximo de vento nas estacións de MeteoGalicia. Fonte: Meteovisor de Meteogalicia.

Valores acumulados de chuvia (esquerda) e refacho máximo de vento nas estacións de MeteoGalicia. Fonte: Meteovisor de Meteogalicia.

Por que ten nome “Ana”?

Non en tanto, que esta borrasca fose bautizada con nome propio, ao estilo dos grandes huracáns do Caribe e o golfo de México, non quere dicir que a súa gravidade sexa maior que calquera dos temporais de inverno que Galicia recibe todos os anos.

Tal e como explica Carlos F. Balseiro, de 4gotas.com, desde o pasado 1 de decembro, a raíz dun acordo entre MeteoFrance, Aemet e o IPMA (axencias meteorolóxicas de Francia, España e Portugal, respectivamente), decidiuse que as borrascas con ventos por riba de 90-100km/h levarán cadanseu nome. Así, Ana inaugura unha lista que continuarán Bruno, Carmen e David, Emma, Félix e Gisele., xa que se alternarán nomes masculinos e femininos.

“Demostrouse que a poboación permanece máis atenta” ás recomendacións de seguridade

No seu comunicado, a Aemet sinala que a experiencia que levan a cabo desde 2015 Reino Unido e Irlanda “demostrou que a poboación permanece máis atenta ás recomendacións de seguridade cando a ameaza de vento forte está claramente identificada” con nome propio.

A Aemet engade que, no caso de que a borrasca sexa post-tropical ou extra tropical, e polo tanto xa nomeada anteriormente polo Centro Nacional de Huracáns de Miami, empregarase o mesmo nome co prefixo “ex-“. É dicir, ex-Ana, ex-Bruno ou ex-Carmen.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.