A borrasca, situada ao sur de Islandia, traerá ondas de máis de 8 metros a Galicia. Fonte: Windy.com.

A borrasca, situada ao sur de Islandia, traerá ondas de máis de 8 metros a Galicia. Fonte: Windy.com.

Chega a Galicia a primeira alerta vermella do inverno

A borrasca situada ao sur de Islandia apenas se notará en terra, pero deixará ondas de máis de 8 metros

A borrasca que trae consigo a primeira alerta vermella do inverno en Galicia, chegará este mércores polo mar. As axencias de meteoroloxía MeteoGalicia e Aemet anunciaron que esta borrasca profunda, situada ao sur de Islandia, deixarase notar no litoral de Galicia, sobre todo na costa norte, con mar combinada e ondas do noroeste que poderán chegar aos 8 metros de altura, especialmente a partir do mañá deste mércores 17, cando se activa o nivel vermello. Con todo, xa está activada a alerta laranxa desde o mediodía deste martes e este nivel manterase a partir da medianoite do mércores ao xoves.

Aínda que esta borrasca apenas se notará en terra, a Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta xa informou aos concellos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra da situación, así como aos servizos de Protección Civil e aos clubs náuticos, para tomar as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Entre as recomendacións ante a alerta, as autoridades advirten de que hai que evitar aproximarse a diques ou rompentes, así como revisar os amarres dos buques antes da chegada do temporal e vixiar as posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.