Xoves 25 Abril 2024

Preto de 5.000 raios caen sobre Galicia en 24 horas

A ameaza da Dana (Depresión Illada en Niveis Altos) que se achegou a Galicia desde o martes acabou amosándose na tarde deste xoves na maior parte do país. Mentres que onte as treboadas, as chuvias fortes e os relampos se concentraron nas provincias de Lugo e Ourense, nas últimas horas xeralizouse a inestabilidade na costa atlántica.

Así, desde a tarde de onte, o radar de MeteoGalicia contabilizou preto de 5.000 lóstregos. Deles, máis de 3.000 concentráronse entre as 14 e as 18 horas do xoves, horario no que estaba activado o aviso amarelo. E só en dúas horas (entre as 14 e as 16) o radar rexistrou 2.000. A maioría caeron nas comarcas do Salnés, Pontevedra, Ordes e Santiago e no sur da provincia de Lugo.

Publicidade

As precipitacións foron do mesmo xeito abondosas en varios puntos do país. O valor máximo marcouse en Lalín, onde a estación de MeteoGalicia rexistrou 40 litros por metro cadrado no acumulado diario. Tamén superaron os 15 l/men Caldas de Reis (25,9), Serra do Faro (17,9), e Amiudal (Avión) e Lira, con 15,8. Os chubascos e a saraibada que ocasionou este fenómeno atmosférico causaron tamén serios problemas en Chantada, onde se anegou o centro da localidade e varias explotacións vitícolas sufriron danos.

O paso da tormenta

Este fenómeno tormentoso, coñecido como Dana, prodúcese candoun  chorro de aire moi frío entra en contacto co aire cálido da superficie, debido ás altas temperaturas, como aconteceu estos días. Xérase entón unha situación de inestabilidade que provoca tormentas intensas. Ás veces, este tipo de situacións poden prolongarse durante varios días. Hai agora un ano, o 26 de maio de 2017, un fenómeno semellantes provocou que fose o día no que máis raios se rexistraron desde que se puxo en marcha a rede de control de raios de MeteoGalicia: 9.562.

O paso da treboada puido percibirse con claridade desde as cámaras instaladas por MeteoGalicia. Así se viu desde a estación de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores