Venres 19 Abril 2024

O segundo desafío

Se existe algo máis complexo no mundo do periodismo que iluminar un novo de comunicación, non cabe dúbida de que se trata de consolidalo. Poñer en marcha GCiencia, esta revista dixital dedicada á investigación e a ciencia en Galicia, foi unha aventura marabillosa, un gran reto xornalístico e todo un desafío á crise. Grazas ao apoio dunha bolsa –e ao acicate do prazo ineludible que levaba aparellada, por que negalo– a web despegou ás 12,00 horas do 25 de novembro pasado. Cumprimos dous meses dun esforzo tan esgotador como reconfortante, no que xogaron un papel protagonista as decenas de miles de visitantes únicos acumulados neste curto traxecto.

O reto consiste agora en manter e consolidar este proxecto que nace coa vocación de retratar a investigación en Galicia. É un retrato delicado e especialmente relevante, en canto se produce no momento en que toca definir os grandes obxectivos do Horizonte 2020 e da Estratexia de Especialización Europea (RIS3) da Unión Europea. Agora que os datos de Instituto Nacional de Estatística reflicten que as empresas galegas volven apostar pola innovación, ábrese un apaixonante debate entre dous modelos de innovación: dun lado están os que defenden unha investigación propia e de calidade como requisito indispensable para promover a innovación no tecido empresarial; do outro, os que antepoñen a innovación con independencia do lugar de procedencia da investigación, como alternativa para atravesar o deserto da crise. A ese debate tamén quere contribuír GCiencia.

Publicidade

Coas ferramentas clásicas do periodismo, dende unha perspectiva divulgativa pero sen caer na banalización, GCiencia ven contando a actividade dos que investigan e dos que innovan e expoñendo todos os puntos de vista, o que é tanto como contribuír a un relato que tradicionalmente se transmitiu á sociedade de forma parcial e inconexa. E os resultados aléntannos a continuar con esta segunda batalla da consolidación.

Superados os primeiros dous meses, GCiencia ten dado pasos importantes cara a súa consolidación. A nosa audiencia medra día a día. Incrementamos número de visitas xerais e visitantes únicos. Máis de 400 persoas están suscritas ós nosos boletíns, grazas os que reciben nos seus mails as novas de GCiencia semanalmente. Nas redes sociais, imos camiño dos 5.000 seguidores, con especial incidencia en Twitter e Facebook. Este último eido é un dos máis importantes, por canto axuda á nosa labor divulgativa, popularizando contidos.

GCiencia ven de situarse no posto número 7 entre os medios dixitais galegos nativos de Internet máis visitados. E, segundo o ránking Alexa, o estándar de máis prestixio, temos máis audiencia que a edición dixital de varios xornais galegos consolidados, de cabeceiras ben coñecidas.

 GCiencia sitúase, ademais, no posto número 70 entre as webs de Galicia máis visitadas. Nesta clasificación, ten máis valor o feito de que inclúe portais institucionais, institucións financeiras ou xigantes como o grupo Inditex e todas as súas marcas.

GCiencia ten publicado máis de cien reportaxes, noticias e tribunas de opinión nos seus dous primeiros meses de vida. Tentamos tratar temas diversos, das tres universidades galegas, empresas e centros de investigación. E poñer en valor a historia da ciencia en Galica coa nosa sección Historias GC.

Tras estas primeiras semanas de constante crecemento, o noso obxectivo é avanzar cara a novos contidos, con maior atención ó audiovisual e a proxección internacional con máis novas en inglés.

Desde GCiencia queremos agradecer ós nosos visitantes, ós seguidores nas redes sociais, ós nosos colaboradores, institucións e a comunidade científica o interese e amabilidade con que nos teñen recibido. É deles a responsabilidade do éxito da web da ciencia galega. E prometemos seguir avanzando cara a consolidación dun novo medio de comunicación de calidade para falar do I+D+i que se fai en Galicia.

Leer el editorial en castellano

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario