Xoves 28 Marzo 2024

Dez razóns para deixar o coche na casa

Es consciente de canto gañarías en saúde se te desprazases a pé ou en bicicleta? Os beneficios en canto a mellora na forma física son comunmente coñecidos. Con todo, existen numerosos estudos que demostran que os beneficios van máis aló da perda de peso e mellora na resistencia deportiva. Aquí están 10 datos (e os seus correspondentes estudos) que te convencerán dunha vez por todas de que realmente paga a pena deixar o coche en casa.

  1. Beneficios para a mente:

    Andar de forma habitual axuda á liberación de neurotransmisores (endorfinas), incrementa o autoestima, eleva a resistencia á tensión e produce melloras notables en casos de depresión e de ansiedade.

Beta-endorphin and ACTH levels in peripheral blood during and after aerobic and anaerobic exercise (Kenny de Meirleir, Nico Naaktgeboren, André Van Steirteghem,  Frans Gorus, Jan Olbrecht, Pierre Block)

  1. Eleva o teu cociente intelectual:

    As persoas que practican exercicio físico regularmente teñen un cociente intelectual máis alto (CI). Os efectos positivos nótanse tanto no pensamento lóxico como na compresión verbal. Estar en forma implica que ademais de ter un corazón forte e unha gran capacidade pulmonar, o teu cerebro recibe gran cantidade de osíxeno e rende moito máis.

Cardiovascular fitness is associated with cognition in young adulthood

Michael Nilsson Academia Sahlgrenska

  1. Protexe a memoria:

    Camiñar un mínimo de 10 km á semana protexe a masa cerebral e ao mesmo tempo axuda a conservar a memoria en idades avanzadas. O exercicio físico en persoas maiores prevén a demencia e o Alzheimer.

Physical activity and brain plasticity in late adulthood

Kirk I. Erickson, Universidad de Pittsburgh.

  1. Poden evitarse 250 casos de doenzas anuais:

    Unha redución do 40% nas viaxes en coche, substituíndoos por viaxes en transporte público e en bicicleta, tradúcese nun descenso anual de 127 casos de diabetes, 45 de enfermidades cardiovasculares, 30 de demencia, 16 feridos leves, 14 lesións graves, 11 de cancro de mama e 3 de cancro de colon.

Health impact assessment of increasing public transport and cycling use in Barcelona

David Rojas, CREAL

  1. Coida o teu corazón:

    O uso da bicicleta como medio de transporte ou o desprazamento a pé poden reducir nun 50% o risco de sufrir enfermidades coronarias, diabetes ou obesidade e nun 30%, a hipertensión.

XIII Congreso da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria

Anna Ferrer, da DGT, Rosa Ramírez, da Dirección Xeneral de Saúde Pública e  Stephen Watkins,do Grupo de Estudos de Transporte e Saúde de Manchester

  1. Envellecemento saudable:

    As persoas maiores que viven en barrios con máis servizos e establecementos comerciais teñen unha vida menos sedentaria e realizan máis desprazamentos a pé, en distancias máis longas. Deste xeito, pódese establecer que os que viven en barrios con preferencia para os peóns son máis propensos a alcanzar a recomendación da Organización Mundial de la Saúde (OMS) de andar 30 minutos ao día para garantir un envellecemento activo e saudable.

“Neighbourhood vitality and physical activity among the elderly”

Carmen Miralles, ICTA-UAB y Oriol Marquet, Universidad Autónoma de Barcelona

  1. Concentración indo ó trabajo en bicicleta:

    Ir en bicicleta ao traballo permite mellorar a concentración e axuda a baixar os niveis de tensións. Un pedaleo matutino manterá a túa mente activa desde primeira hora da mañá.

Impact of changes in mode of travel to work on changes in body mass index

Adam Martin, UKCRC Centre for Diet and Activity Research (CEDAR)

  1. Arma para combatir adicción ao tabaco:

    A actividade física pode servir para combater a adicción á nicotina das persoas que estean a tentar de deixar de fumar. É primordial no proceso de rehabilitación e un bo método de prevención.

The effects of exercise on mental health and nicotine addiction

Adrian Taylor, Universidad de Exeter (Reino Unido)

  1. Potencia a creatividade:

    Cando existe un bloqueo na creatividade, a mellor solución é saír da oficina ou do sitio onde te atopas e dar un paseo. A participación en actividades físicas mellora a solución creativa de problemas.

Creative block? Get out of your office and go for a walk

Jeffrey Sánchez-Burks y Suntae Kim, Universidad de Michigan

  1. Mejora a vida sexual:

    As persoas que practican exercicio de forma regular, excítanse máis e mellor. Nas mulleres axuda a mellorar o fluxo sanguíneo no clítoris e deste xeito potenciar a súa función sexual.

The Evaluation of Clitoral Blood Flow and Sexual Function in Elite Female Athletes

Omer Faruk Karatas, Universidad Faith Turquía

Convencido? Pois xa sabes, deixa o coche no garaxe, calza unhas zapatillas de deporte e…

A camiñar!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Uns 4.000 pasos diarios alcanzan para mellorar a saúde

Un estudo internacional demostra que canto máis se camiña, menor é o risco de morte, aínda que apenas se dean 3.967 pasos cada día

Pasas moitas horas sentado? Esta rutina combate os efectos prexudiciais do sedentarismo

Un equipo de Estados Unidos demostra que realizar paseos de cinco minutos cada media hora pode contrarrestar o impacto negativo na saúde

Confirmado: camiñar 10.000 pasos diarios é o ideal, pero tamén depende como os deamos

Un novo estudo confirma que andar uns oito quilómetros cada día prevén de forma óptima o cancro, a demencia e os trastornos cardiovasculares

Unha ‘bota’ exoesquelética permite camiñar de forma máis rápida e eficaz

Enxeñeiros de EEUU dan un novo paso cara a futuros dispositivos de marcha asistida para persoas con problemas de mobilidade