Martes 16 Abril 2024

Xenetistas de Santiago desvelan a liñaxe de Ötzi, o Home de Xeo

Morto hai aproximadamente 5.200 anos, Ötzi -tamén coñecido Home de Xeo tirolés– ten cada vez menos secretos para os científicos. Se estudos recentes apuntaban que podería padecer artrite e dores de xeonllos, a enfermidade de Lyme –unha infección bacteriana transmitida por carrachos-, que o seu grupo sanguíneo era o 0, intolerante á lactosa e predisposto xeneticamente a doenzas cardíacas, o traballo dun equipo internacional de investigadores de Italia, Reino Unido e da Universidade de Santiago escudriñan agora a dispersión xeográfica da súa información xenética ao longo de Europa.

Antonio Salas.
Antonio Salas.

O equipo de investigadores do traballo, entre os que se atopa o profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas Ellacuriaga e o investigador do seu grupo Alberto Gómez-Carballa, suxire que a liñaxe xenética do Home de Xeo tirolés podería ter desaparecido durante os procesos migratorios ocorridos en Europa hai 5.000 anos. Se en 2012 a análise do cromosoma Y da momia –transmitido de pais a fillos- denotaba como a liña xenética do pai podía identificarse en poboacións modernas, agora nun informe publicado en Scientific Reports , os investigadores rastrexan a presenza da historia xenética desta momia –unha das máis antigas e mellor conservadas en Europa- a través do estudo do ADN que se transmite por vía materna.

Publicidade

O informe publicado sinala como a linaxe (tamén chamada ‘haplogrupo’) K1f -identificativo da liña xenética materna de Ötzi- tense extinguido, conclusión á que os investigadores chegaron logo de comparar a información xenética da momia coa de 800 individuos procedentes da parte oriental dos Alpes italianos, na rexión de Trentino, Veneto e Friuli. Ademais os investigadores empregaron grandes bases de datos existentes na literatura científica especializada e en repositorios de datos xenéticos accesibles na web. Os resultados do equipo de xenetistas apuntan que a liñaxe materna do Home de Xeo orixinaríase nos Alpes.

A linaxe materna de Ötzi ten a súa orixe nos Alpes, pero xa non se conserva

En palabras do investigador Antonio Salas “o estudo tamén demostra a conveniencia de entender a variabilidade xenética do pasado á luz da variabilidade xenética existente en poboacións modernas, e como desta maneira se poden reconstruír os intrincados eventos demográficos das poboacións humanas no pasado”. Para Salas “o estudo é o resultado da aplicación das novas tecnoloxías de tratamento estatístico e bioinformático ao estudo da variabilidade humana, o que é de interese xenérico nas ciencias biomédicas”. Neste senso, o investigador explica que o rol principal do grupo da USC nesta colaboración internacional foi o tratamento e análise da información xenética e a súa interpretación.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas

Un estudo da USC valida a eficiencia de ChatGPT fronte aos mitos sobre as vacinas contra a covid

Investigadores galegos analizan as respostas do popular chatbot fronte ás crenzas falsas máis estendidas sobre o coronavirus en redes sociais

Un estudo sobre poboación galega demostra a eficacia da dose de reforzo contra a covid

Os investigadores do IDIS analizaron máis dun millón e medio de tests, tamén en pacientes comórbidos

Cal é a relación entre coronavirus e cancro? Un equipo galego acha novas evidencias

Un estudo liderado polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago atopa un posible vínculo xenético entre as dúas doenzas