Venres 19 Abril 2024

Galicia, o mellor punto da península Ibérica para ver a eclipse de Sol

É chamada a ‘Eclipse do Século’. En primeiro lugar porque non houbo outra total dende a que se viviu sobre Europa o 11 de agosto de 1999. E, en segundo lugar, porque a ocultación completa do Sol vai atravesar os Estados Unidos de América, de punta a punta. E todo magnifícase cando acontece no país das 50 estrelas. A NASA xa ten en marcha unha web especial para o evento. Pero, polas nosas lonxitudes, haberá que esperar ata o 12 de agosto de 2026 para ver unha eclipse total de Sol.

Dende Galicia, a eclipse do 21 de agosto será parcial: apenas un bocado na superficie do Sol. Vigo será a cidade de toda a península Ibérica onde mellor se verá. E a magnitude será de 0,24, o que significará un oscurecemento do 14,2 por cento. No resto de Galicia, as cifras serán moi semellantes. O fenómeno será visible a última hora do día, case no solpor, o que podería engadir espectacularidade ao momento. Pero hai que recordar que é preciso tomar precaucións porque non se pode observar o Sol directamente.

Publicidade

A vindeira eclipse total en Europa será o 12 de agosto de 2026

O gran espectáculo está reservado para os Estados unidos de América. A sombra da Lúa tocará a superficie da Terra nun punto no océano Pacífico norte, despois tocará terra na costa Noroeste de Estados Unidos, á altura do estado de Oregón e percorrerá todo o país para entrar no océano Atlántico, onde desaparecerá ao Sur de Cabo Verde.

En España a eclipse será vista como parcial de baixa magnitude, o que significa que soamente unha pequena porción do disco solar estará ocultada durante o máximo. En Galicia, estamos de sorte porque é o mellor punto para observar o fenómeno, con Vigo como a cidade máis agrazada. Aínda que non é moito, cabe destacar que é a cidade onde mais vai ocultarse o Sol na península.

Os expertos recomendan, pouco antes da posta do Sol, situarse nun lugar alto e libre de obstáculos no horizonte para apurar os poucos minutos que durará a eclipse. En Galicia, calcúlanse uns 35 minutos antes da posta de Sol.

Previsión da eclipse por cidades. Fonte: Saros.org
Previsión da eclipse por cidades. Fonte: Saros.org

Nesta táboa, elaborada pola Asociación Saros, vemos a magnitude da eclipse en diferentes cidades:

Cidade:        Inicio         Máximo     Ocaso      Oscurecemento

Vigo             20:44:01    21:20:30    21:24        14.15%

León            20:44:12    21:12         21:12        11.85%

Salamanca  20:45:02    21:10         21:10        12.20%

Sevilla         20:46:54    21:06         21:06        11.25%

Madrid         20:45:22    21:01         21:01          7.61%

Málaga        20:47:13    20:59         20:59          5.99%

Almería       20:47:01     20:51        20:51          1.21%

Zaragoza    20:44:41     20:51        20:51          2.23%

Barcelona   Eclipse non visible

Valencia     Eclipse non visible

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península