Xoves 28 Marzo 2024

A vida nocturna dos animais salvaxes do Courel

“Descubrimentos nocturnos” é o título do documental realizado por alumnos do colexio Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel. Que ven de gañar o premio Investigarte que conceden a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago. Empregando a técnica do fototrampeo, os rapaces conseguiron retratar a lobos ou raposos na súa vida nocturna na serra do Courel.

Os artífices do traballo foron os alumnos Pablo Ferreiro Vide e Lara Álvarez López, que contaron co apoio da súa profesora de Bioloxía,
Lourdes González. As gravacións foron realizadas en inverno con cámaras de luz ultravermella e sensores de movemento que se activaban coa presenza dos animais salvaxes.

Publicidade

O son da peza documental foi gravado cun teléfono móvil e trátase dun audio orixinal, no que teñen protagonismo os paxaros do Courel. Durante cinco días, os rapaces tiveron as cámaras no monte. E gravaron a lobos, raposos, xabarils e unha marta na súa actividade nocturna na serra.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avistamento dun oso pardo nos Ancares constata a recuperación da especie en Galicia

Un veciño de Vilarelle, en Cervantes, consegue gravar un vídeo dun exemplar paseando pola serra

Os bolos, sobrevivindo nun mundo hostil

Na illa de Sálvora podemos atopar grandes rochas formadas pola erosión da auga salgada e o vento a través de fendas horizontais

Descubrir o galego mentres xogas: esta é a nova aplicación para mellorar o teu léxico

A ferramenta da RAG e da Fundación Barrié pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade

Cinco novos parques eólicos ameazan a Ribeira Sacra: especies e patrimono, en perigo

Aves vulnerables como a tartaraña cincenta ou o milano real quedarían desprotexidas na Reserva da Biosfera Serras do Oribio e Courel