No encontro falarase sobre os problemas da contaminación luminosa, que impide observar con claridade o ceo en moitas zonas do planeta. Na imaxe, A Veiga. Foto: Destino Turístico Starlight Trevinca.

No encontro falarase sobre os problemas da contaminación luminosa, que impide observar con claridade o ceo en moitas zonas do planeta. Imaxe:

A Veiga terá un observatorio astronómico

O Consello da Xunta aprobou un convenio para investir 650.000 euros nunha instalación que terá uso científico e divulgativo

Ver o ceo estrelado na Veiga é unha experiencia abraiante. Grazas á nula presencia de contaminación lumínica, este concello ourensán, aos pés de Pena Trevinca, é un lugar de peregrinación para os amantes do ceo. Agora, á súa consideración como Destino Starlight vai a sumarse outro novo atractivo. O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves a subscrición dun convenio co que se investirán 650.000 euros na construción dun observatorio astronómico.

O edificio estará destinado a usos científicos e divulgativos, contará cun planetario de última xeración e cumprirá, segundo informa a Xunta, cos criterios de eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables. Poderá ser usado por científicos e académicos así como por afeccionados e visitantes. Haberá tamén un espazo de exposición onde se programarán charlas, obradoiros e outras actividades.

Será, segundo sinalan desde o ente autonómico, un xeito de “impulsar a divulgación da ciencia e da astronomía ao mesmo tempo que se estimulan as novas vocacións científicas e se converte nun foco de atracción de visitantes fomentando o turismo astronómico”, na liña de “consolidar Galicia como un destino tranquilo cunha oferta especializada e diversificada”.

A inversión será asumida na súa maior parte pola Xunta (algo máis de 400.000 euros), mentres que o resto da inversión repartirase entre a Deputación de Ourense e o Concello da Veiga. Tamén colaboran no proxecto a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Turismo de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.