Foto de portada do libro "A aventura da ciencia na Antártida".

Foto de portada do libro "A aventura da ciencia na Antártida".

Valentín Carrera publica a crónica da súa viaxe coa Campaña Antártica

O xornalista viaxou ao continente xeado acompañando á expedición antártica española entre novembro de 2016 e marzo deste ano

Durante cinco meses, de novembro de 2016 a marzo de 2017, o xornalista e escritor Valentín Carrera formou parte da XXX Expedición Científica Española que traballou na Antártida. Cinco meses nos que publicou numerosas e reportaxes, fotografías e vídeos sobre o labor dos científicos, entre os que había un grupo de investigadores galegos.

Agora, Carrera publica o libro “A aventura da ciencia na Antártida“, editado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, do que depende o Comité Polar Español. Durante 30 capítulos, o xornalista resume as principais experiencias científicas nas que participou durante a súa viaxe.

“A Antártida abre os poros dos sentimentos e da percepción”

Os textos recollen as conversas con científicos, mariñeiros e militares participantes na campaña, e están acompañados de numerosas fotografías do continente xeado. Para remarcar o seu punto de vista científico, cada un dos capítulos foi revisado por expertos nos correspondentes ámbitos (bioloxía, xeoloxía, sismoloxía, cambio climático, cartografía ou oceanografía, entre outros).

A travesía antártica de Valentín Carrera, que se pode consultar no blog Horizonte Antártida, desenvolveuse a bordo dos buques Sarmiento de Gamboa e Hespérides e nas bases Juan Carlos I e Gabriel de Castilla. Tamén visitou a Patagonia, a Terra do Fogo, o estreito de Magallanes ou a illa Rei Jorge, entre outros lugares.

O libro pode mercarse na librería virtual do Mineco (nesta ligazón).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.