Mónica Martínez, coa raíña Letizia no acto celebrado o pasado día 22.

Mónica Martínez, coa raíña Letizia no acto celebrado o pasado día 22.

Unha viguesa obtén o único contrato de investigación da AECC para Galicia

Mónica Martínez, doutora en bioloxía pola UVigo, regresará a casa en decembro para traballar no Cinbio tras seis anos en Madrid

O pasado venres 22, con motivo da celebración do Día Mundial da Investigación en Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro entregou no Museo do Prado en Madrid, nun acto presidido pola raíña Letizia no os oito contratos de investigación asignados a científicos con formación postdoutoral previa, que afondan na loita contra esta doenza. Entre eles estaba Mónica Martínez, doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo, que en decembro se incorporará ao grupo Mobile Genomes and Disease, dirixido por José Tubío, investigador Ramón y Cajal e cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación.

Mónica obtivo a única bolsa concedida para Galicia – seis dos contratos foron para Madrid e Barcelona, e outro para Santander -, o que lle permitirá regresar a casa despois de seis anos de investigación oncolóxica no Ciemat e no Hospital 12 de octubre de Madrid e varias estadias en prestixiosos centros internacionais como o Cancer Institute (UCL, London) ou o I3S (Porto, Portugal). “É moi emocionante volver a casa, e ademais cun contrato así, dentro dun equipo xoven e con moitísima proxección“, conta Mónica Martínez. Este grupo mantén tamén unha estreira colaboración con David Posada, profesor da UVigo e un dos investigadores máis citados do mundo.

Agora, dedicarase a “estudar o papel dos elementos móbiles no xenoma; ver cal é a súa implicación no cancro, observando se, tal e como cremos, estos elementos poseen un papel coma potenciais oncoxenes“, explica Mónica. Para isto utilizaranse mostras de pacientes de diversos tipos de cancro e secuenciaranse para cartografar a posición destes elementos, vendo a que xenes poden afectar e de que xeito. Engade que é un campo no que se está comezando, cuns primeiros resultados interesantes, e que de confirmarse, “revolucionarían o diagnóstico do cancro tal e como se concibe hoxe en día”.

Con esta oportunidade, Mónica está esperanzada para “conseguir facer ciencia do máis alto nivel en Galicia“. Así, reitera que “é un equipo xoven, de xente moi boa, e nun campo con moitísimo futuro; poden saír cousas moi interesantes”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.