Vista de Compostela, coa catedral en primeiro plano, a Cidade da Cultura detrás e o Pico Sacro no fondo á dereita.

Vista de Compostela, coa catedral en primeiro plano, a Cidade da Cultura detrás e o Pico Sacro no fondo á dereita.

Unha viaxe gratis en 3D sobre Galicia

A aplicación Google Earth xa ofrece o perfil tridimensional das sete cidades galegas e de todo o relevo do territorio

Os máis curiosos xa coñecen a ferramenta que Google ofrece para observar o territorio en tres dimensións. Non en tanto, segue sendo descoñecido para outros. Sen erguerse da cadeira, os internautas xa poden voar en tres dimensións por riba de toda Galicia. O mapa interactivo de Google Earth ofrece unha radiografía do relevo e, desde hai un tempo, incorpora os perfís das sete cidades galegas (Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol) e outras vilas como Vilagarcía, Betanzos ou Moaña.

Abonda con entrar en Google Maps (a través dun PC) ou ben descargar a aplicación Google Earth no teléfono móbil para gozar dunha viaxe a medida por calquera punto de Galicia e do resto do mundo. Tras seleccionar a vista por satélite, hai que manter pulsada a tecla “Control” e ir arrastrando o botón esquerdo do rato para percorrer o territorio. Axudándonos co “zoom“, podemos ver con máis detalle a contorna do relevo.

Con todo, o gran nivel de detalle que ofrece a información entra en conflito co dereito á privacidade dos usuarios. Non foron poucas as queixas e denuncias que Google recibiu debido a que a precisión dos seus mapas podería vulnerar, nalgúns casos, segundo os denunciantes, a súa intimidade.

Aínda así, para quen desexe facer un percorrido aéreo por Galicia co único obxectivo de gozar da orografía do país, só se precisa un pouco de tempo e curiosidade para poder atopar estampas coma estas:

Unha resposta a “Unha viaxe gratis en 3D sobre Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.