O estudo que rematará en tese doutoral revela falta de competitividade.

O estudo que rematará en tese doutoral revela falta de competitividade.

Unha tese doutoral revela que a Liga de Fútbol está desequilibrada

O estudo desenvolvido en Ourense conclúe que é previsible, pouco competitiva e que isto prexudica o espectáculo e os ingresos

O doutorando Thadeu Gasparetto e o director da tese, Ángel Barajas.

O doutorando Thadeu Gasparetto e o director da tese, Ángel Barajas.

Unha tese doutoral que se prepara na Universidade de Vigo revela que a Liga de Fútbol Profesional está moi desequilibrada, é pouco competitiva e que todo isto afecta ao espectáculo e aos ingresos. Gran parte do interese dunha liga de fútbol radica na incerteza dos resultados, de que os afeccionados non coñezan de antemán quen vai gañar e perder. No caso contrario, a competición volvese previsible, o que prexudica ao interese e aos ingresos por asistencia de espectadores ao campo como polos dereitos televisivos. En España, a Primeira División está moi desequilibrada. Esta é unha das conclusións iniciais das que parte Thadeu Gasparetto na súa tese de doutoramento, na que analiza o balance competitivo das últimas oito tempadas (2006/2007-2013/2014) da Liga BBVA española, da Premier League inglesa, da Serie A italiana e do Campeonato Brasileiro empregando unha nova fórmula de avaliación a través da Diferenza de Puntos Acumulada (DPA) entre os equipos.

Aínda que o balance competitivo é un dos temas máis investigados dentro da economía do deporte, este novo modelo permite unha análise do equilibrio nas ligas de fútbol moito máis global ao calcularse “sumando a diferenza de puntos entre os equipos participantes ao final do campionato, dando un resultado que sería o reflexo da competitividade da Liga nesa tempada”. A pesar de que se atopa aínda nunha fase moi inicial da investigación, os primeiros resultados xa apuntan a unha falta total de equilibrio non só no torneo español, senón nos outros dous europeos analizados, “entre os que non se atopan diferenzas significativas”.

A liga brasileira revélase como a máis equilibrada das estudadas

Esta investigación, dirixida polo profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo Ángel Barajas e presentada por primeira vez na vixésimo quinta edición das Xornadas Hispano-lusas de Xestión Científica, evidencia tamén dende o seu inicio a dispersión dos postos medios de cada equipo durante o período analizado. Así, por exemplo, na última tempada analizada (2013/2014) entre o Atlético de Madrid e o Betis, primeiro e último clasificado, había unha diferenza de 65 puntos. Salvo os tres primeiros postos, separados por apenas tres puntos, a distancia entre clubs que xa comezaba a asomar a partir do cuarto clasificado, o Athletic de Bilbao, que terminou a tempada con 70 puntos.

Por iso, para Gasparetto as primeiras conclusións poñen de relevo a dispersión nos postos medios de cada equipo e a “existencia de clubs ou grupos de equipos dominantes” nas tres ligas europeas analizadas. Os resultados tamén evidencian que a liga brasileira é a máis equilibrada e a que presenta o mellor balance competitivo das catro estudadas.

Ata o momento, Gasparetto levou a cabo unha análise de varianza ANOVA one way con Post Hoc de Tukey e elaborou unha serie de gráficos para a visualización dos datos e a comparación estatística das ligas. Pero esta investigación aínda está en fase de desenvolvemento e tanto o doutorando como o director da tese queren dar un paso máis e adaptar a fórmula para poder incluír ligas de fútbol con diferentes números de participantes, como a Busdesliga alemá.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.