Xoves 25 Abril 2024

Unha tese da USC analiza as causas da morte programada das lampreas

A través dun traballo sobre biomarcadores metabólicos e de reserva enerxética en lamprea mariña, Sandra Barca Bravo investiga as causas da morte programada despois da reprodución desta especie. A investigadora corroborou como os biomarcadores “revélanse como bos descritores dos cambios que teñen lugar ao longo do ciclo vital” da lamprea, explicando as condicións de crecemento en función da oferta alimentaria tanto en cantidade como calidade, ao tempo que reflicten as condicións ambientais de desenvolvemento, respondendo ás características físicoquímicas e de estres ambiental.

A tese, valorada polo tribunal coa máxima cualificación, dirixírona o profesor da USC Fernando Cobo Grandín e a docente da Universidade da Coruña María José Servia García. O traballo trata de responder tamén a algúns dos principais interrogantes que existen sobre a bioloxía da lamprea e subministra achegas relevantes á metodoloxía de determinación da idade e do tempo de permanencia no río, baseadas na análise dos pigmentos biliares no fígado de exemplares adultos.

Publicidade

Sandra Barco Bravo, que é a encargada do laboratorio e calidade da Estación de Hidrobioloxía ‘ Encoro do Con’ da USC, detectou un incremento dos niveis de lípidos no tecido cardíaco ao final da súa etapa fluvial. Esta acumulación anormal de graxa “é análoga á esteatose do miocardio estudada no home e noutros mamíferos e que pode producirse no caso de diabete, por intoxicación ou por hipoxia”, aclara a doutora Barca Bravo.

O tribunal encargado de avaliar a tese integrárono Rafael Miranda Ferreiro, da Universidade de Navarra; José Carlos Fernandes Antunes, da Universidade de Porto; e Rufino Vieira Lanero, da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s