revalida primaria

Unha reportaxe de GCiencia elixida para a reválida de galego

'Cando o tigre campaba por Galicia' foi o texto de comentario para 22.000 alumnos de sexto de Primaria

Unha reportaxe de GCiencia converteuse hoxe na proba de comentario de texto no exame de reválida de Primaria para 22.000 escolares de Galicia. A reportaxe, titulada ‘Cando o tigre campaba por Galicia’, foi publicada en outubro de 2015 e narra como novas investigacións revelan que o lince boreal (Lynx lynx), un gran depredador, o dobre de grande que o lince ibérico (Lynx Pardinus), habitaba Galicia ata unha data recente. Os paisanos alcumaban a este gran felino o ‘tigre’.

lince revalida

A reportaxe, realizada por Eduardo Rolland, revela tamén que se pode identificar ao lince boreal cunha criatura que figura mesmo nas lendas galegas, nomeada como ‘lobo cerval’. Ata o de agora, pensábase que este animal nunca cruzara os Pireneos ao longo da historia, pero novas evidencias xenéticas, como as publicadas pola revista científica ‘Journal of Zoology’, revelan que o lince euroasiático tamén campaba polos montes galegos.

‘Cando o tigre campaba por Galicia’ foi elixida para o comentario de texto en lingua galega para os alumnos de sexto curso de Primaria, que suman 22.000 rapaces de 12 anos nos colexios galegos.

Aquí podes ler
a reportaxe ‘Cando o tigre campaba por Galicia’

3 respostas a “Unha reportaxe de GCiencia elixida para a reválida de galego”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.