Sábado 20 Abril 2024

Unha investigadora da USC coordinará os datos do CERN na busca da materia escura

A investigadora do Departamento de Física de Partículas e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Veronika Chobanova acaba de ser escollida pola colaboración LHCb do CERN para coordinar ata marzo de 2020 as análises finais das propiedades da transformación (denominada habitualmente ‘ oscilación’) do ‘Bs’ en ‘anti-Bs’. Bs é un tipo de partícula cuxa transformación na súa antipartícula é o obxecto de estudo de LHCb, experimento internacional que reúne máis de 700 membros no CERN.

Veronika Chobanova.
Veronika Chobanova.

As oscilacións que a colaboración internacional estuda nas instalacións do CERN están producidas pola interacción dos hadróns Bs co campo de Higgs e a medida das súas propiedades, explican os investigadores, pode revelar novos aspectos sobre a composición deste campo. Tamén achega información sobre a posible existencia de novas partículas, como por exemplo, partículas supersimétricas. Estas últimas poderían explicar a composición da materia escura, un tipo de materia detectada en observacións de astrofísica e que podería ser moito máis abundante que a materia ordinaria, representando un dos grandes retos da física de partículas actual.

Publicidade

Chobanova
Tras realizar a súa tese de doutoramento no Max-Planck-Institut für Physik  de Munich incorporouse en 2015 á USC a través do proxecto Starting Grant que o European Research Council concedeu a Diego Martínes Santos.

LHCb
Hai máis de 22, un total de 38 institucións de todo o mundo elevaron ao CERN unha proposta para a posta en funcionamento do experimento LHC-B, colaboración internacional que comezaría a recoller datos en 2009 xa renomeado como LHCb. Agora está previsto que remate a súa toma de datos o próximo ano 2018. En 2019 e 2020 o espectrómetros LHCb será remodelado para facer novas tomas de datos a partir de 2021 e así ampliara cantidade de decaementos diferentes que poida detectar.

No Bing Bang creáronse iguais cantidades de materia e antimateria, en teoría dúas réplicas idénticas en todo salvo na súa carga eléctrica, negativa no caso da antimateria. De terse mantido esta simetría, materia e antimateria deberían aniquilarse, pero nalgún momento a primeira impúxose creando unha asimetría e formando os átomos que compoñen todo o que existe dende as galaxias ou as estrelas ata os planetas.

O experimento LHCb do Large Hadron Collider (LHC), no que USC ten unha contribución destacada, busca descubrimentos fundamentais para a comprensión das diferenzas entre materia e antimateria. Este experimento está deseñado para estudar a ruptura da simetría entre materia e antimateria producida no Big Bang, momento no que a materia “venceu” á antimateria, formando os átomos que compoñen galaxias, estrelas, planetas e todo o que existe, sen que a día de hoxe se saiba exactamente porqué. O equipo da USC de LHCb explora, entre outras cousas, as diferenzas existentes entre materia e antimateria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha científica da UDC lidera un proxecto para saber por que desapareceu a antimateria

Veronika Chobanova participa nun experimento que acada as medidas máis precisas do mundo e que podería axudar a resolver este misterio

O exdirector do CERN: “Somos tres partículas en distintas combinacións. Todo é física”

“O desafío actual é comunicar o que se está facendo”, afirma Rolf-Dieter Heuer, director do acelerador de partículas cando o descubrimento do bosón de Higgs

“A ciencia exoplanetaria axuda a comprender o excepcional que é a vida na Terra”

A astrofísica galega Minia Manteiga comparte cartel con Mariano Barbacid nun encontro no CERN de investigadores europeos

Un grupo de estudantes galegos gaña unha competición internacional do CERN

Os alumnos do clube vigués de física Enrico Fermi, vencedores xunto a un equipo de Exipto e outro francés, viaxarán en setembro ao acelerador de partículas