Xoves 28 Marzo 2024

Un vigués lidera o equipo internacional que alongou un 30% a vida de ratos

Un grupo internacional de científicos, liderado polo vigués Alejandro Ocampo xunto ao tamén español Juan Carlos Izpisua, logrou reverter o envellecemento de ratos a través dunha técnica de reprogramación celular. O equipo conseguiu, por unha banda, mellorar as capacidades de curación destes animais e, por outra, alongar un 30% a vida de roedores con envellecemento prematuro. Ocampo é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve unha destacada carreira nos Estados Unidos, primeiro na Universidade de Miami e agora no Salk Institute de La Jolla, California.

Alejandro Ocampo
Alejandro Ocampo

A investigación, publicada este xoves na revista Cell, baséase na reprogramación celular. Esta técnica xa demostrara ter a capacidade de rexuvenecer células fóra dun ser vivo. Con todo, existía un enorme inconveniente: cando as células reprogramadas se inxectan ou se xeran nun rato, estas rematan desenvolvendo tumores encapsulados: as células expresábanse de maneira desorganizada, como células de páncreas, intestinos, etcétera. O rato remataba por morrer por un fallo funcional no seu organismo.

Publicidade

Pero a nova investigación, liderada por un científico galego afincado nos Estados Unidos, deixa o eterno soño de rexuvenecer un pouco máis preto, despois de que os investigadores superasen os problemas e conseguisen alongar o tempo de vida de roedores vivos un 30%.

O achado mostra como os investigadores reverteron os signos do envellecemento nestes ratos a través da reprogramación de marcas químicas no xenoma, coñecidas como marcas epigenéticas. Así conseguiron aumentar a súa esperanza de vida desde unha media de 18 semanas a 24, o que supón un 30% máis.

“Non corriximos a mutación que causa o envellecemento prematuro destes ratos”, explica o albaceteño Juan Carlos Izpisúa Belmonte, profesor do Laboratorio de Expresión Génica do Instituto Salk. “Alteramos o envellecemento cambiando o epigenoma, o que indica que se trata dun proceso flexible”.

A nova investigación evita os tumores encapsulados que se xeneraban anteriormente

“Os animais e as células da pel usadas no noso estudo rexuvenecen por cambios epigenéticos, pero descoñecemos exactamente cales son as marcas e os cambios responsables deste proceso”, sinalou á axencia Sinc o investigador español.

Este é o primeiro estudo no que a reprogramación celular in vivo logra prolongar a vida útil dun animal vivo. As investigacións anteriores acabaron con ratos que morreron de inmediato ou desenvolveron tumores extensos. Para evitar estas nefastas consecuencias, o equipo de expertos levou a cabo unha reprogramación celular parcial.

A reprogramación celular converte unha célula adulta (neste caso células da pel) nunha célula pluripotente inducida (iPS), que se caracteriza por posuír unha alta taxa de proliferación e aínda non está especializada para realizar funcións específicas.

Dicha reprogramación implica inducir nestas células a expresión de catro factores, coñecidos como factores Yamanaka, chamados así polo seu descubridor, o premio Nobel Shinya Yamanaka.

Os factores deben expresarse de 2 a 3 semanas para que as células alcancen a pluripotencia. Neste caso, o equipo do Salk utilizou a reprogramación parcial, que induciu a expresión dos factores de Yamanaka durante só de 2 a 4 días. Desta forma, as células non alcanzan a pluripotencia, senón que continúan mantendo a súa especificidade anterior.

É dicir, sen perder a súa identidade, estas células son capaces de dividirse indefinidamente, como as embrionarias, transformarse en calquera tipo de célula presente no noso organismo e reverter os signos da vellez. Grazas a este proceso conséguese diminuír os signos de disfunción na célula asociada á idade. Así, a reprogramación parcial de células in vitro reduciu a acumulación de dano do ADN e restaurou a estrutura nuclear.

O equipo induciu a expresión dos factores de Yamanaka en todas as células do organismo usando o seu enfoque de reprogramación parcial e varios órganos melloraron. Os roedores tratados con este procedemento parecían máis novos, a súa función cardiovascular tiña mellorado e vivían un 30% máis que os ratos non tratados.

Sobre a posibilidade de replicar o achado en humanos, Izpisúa Belmonte amósase optimista: “Estamos a desenvolver estratexias para inducir o rexuvenecemento celular mediante reprogramación usando compostos químicos. Comparado cos factores de reprogramación, estes novos métodos serán máis doados de aplicar na clínica e por tanto utilizarse en humanos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Prevén o leite a deterioración cognitiva? Isto é o que suxire un novo estudo

Un ensaio en maiores de 65 anos identifica un compoñente da graxa láctea que podería ralentizar a perda de memoria asociada á idade

Un programa piloto busca solucións contra a soidade non desexada

Un convenio entre a Universidade de Vigo, a Área Sanitaria e a Sociedade Galega de Xeriatría impulsa a prevención deste problema cun gran impacto na saúde

Un equipo da USC busca terapias para as enfermidades propias do envellecemento

O obxectivo é estudar as modificacións químicas do ARN asociadas ás patoloxías da idade e tentar revertelas co uso de fármacos

Ferrol e Ourense, as cidades máis envellecidas de Galicia

A idade media do galego é de 48 anos, e por cada 100 persoas menores de 20 hai aproximadamente 168 de máis de 65