Xoves 18 Abril 2024

Un novo sistema inalámbrico para a agricultura intelixente

Investigadores das universidades Pública de Navarra, Vigo e Abdelmalek Essaadi (Marrocos) optimizaron a canle radiolectrico dunha rede de sensores inalámbricos colocados no agro. O estudo, destinado ao campo da agricultura intelixente, foi premiado nun congreso internacional virtual.

Os científicos da Universidade Pública de Navarra ( UPNA), en colaboración con colegas da Universidade de Vigo e a Universidade Abdelmalek Essaadi de Marrocos, presentaron un modelo para optimizar un sistema de redes de sensores inalámbricos en agricultura intelixente

Publicidade

O obxectivo é que o sistema non sufra interferencias e presente maior capacidade para obter datos ambientais, controlar os recursos hídricos e localizar ou medir o nivel de compoñentes químicos dos terreos.

O estudo presentouse na 4.ª Conferencia Internacional Electrónica sobre Sensores e as súas Aplicacións ( ECSA-4), celebrada en liña co apoio da editorial científica suíza MDPI e a revista Sensors.

Un dos autores, Francisco Falcone, do Instituto de Smart Cities ( ISC) e o departamento de Enxeñería Eléctrica e Electrónica da UPNA, obtivo un premio ao mellor relatorio. “As prestacións deste tipo de redes de sensores inalámbricos en contornas de agricultura intelixente dependen, de maneira directa, tanto da contorna (tipos de cultivos, terreo, etc.), como do propio deseño dos transceptores de comunicacións, é dicir, dos dispositivos que contan cun emisor e un receptor”, explica Falcone.

O investigador conclúe: “Mediante o estudo detallado da canle radioeléctrica, que é o medio polo que se transmiten os sinais que permiten o funcionamento da rede de sensores, pódense obter as características do funcionamento da devandita rede, o que permite optimizar o comportamento do sistema en termos de minimización de interferencias e de aumento da súa capacidade”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos