Venres 29 Marzo 2024

Un "lego" de moléculas para entrar nas células

O científico Javier Montenegro, hoxe docente e investigador na Universidade de Santiago, ten por diante alomenos cinco anos e 1,5 millóns de euros para estudar as moléculas capaces de atravesar a parede das células e introducir nelas fármacos ou sensores que fagan máis sinxelos e efectivos os tratamentos e diagnósticos de doenzas. Cinco anos por diante, que son os que dura a Starting Grant que o seu proxecto, DYNAP (Dynamic Cell Penetrating Peptides), lle mereceu ao European Research Council (ERC), a axuda á investigación máis prestixiosa do continente para científicos mozos. “Permítenos dar un salto de calidade”, confirma Montenegro, director do único proxecto galego recoñecido nesta última edición entre os 12 de España. As condicións desta subvención permitiranlle desenvolver “con liberdade” unha investigación que dá aínda os seus primeiros pasos e, dalgún xeito, iniciar unha carreira investigadora autónoma no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (Ciqus) da universidade compostelá.
Montenegro bosquexa o seu proxecto botando mans de metáforas entendibles. O seu traballo combina a química, a bioloxía e novos materiais e podería compararse coas pezas dun Lego que hai que monta e facer encaixar, só que neste caso esas partes da figura son moléculas -unha cadea lineal de aminoácidos- que poden actuar como marcadores ou conductores dun tratamento nunha célula determinada. “En determinados casos, é necesario atravesar a membrana celular, a que protexe o contido da célula, para entregar no seu interior un fármaco ou identificala cunha cor, unha especie de molécula sensor. É o que fai falta, por exemplo, ante un tumor: convén localizado e marcalo para extirpalo ou tratalo”, explica o científico.

No caso dun tumor, as moléculas transportadoras poden localizalo e identificalo

O do cancro é tan só un exemplo da aplicación deste mecanismo que Montenegro quere desenvolver. “A membrana é unha barreira e á vez protexe a celula, pero é un problema cando nós queremos intervir nela, cun tratamento ou para marcala. Ademais, precisamos facer unha penetración selectiva. Para logralo traballamos con péptidos pequenos, unha cadena lineal de aminoácidos con carga positiva que son capaces de atravesar as paredes da celula.  Nós aplicamos unha química que permite formar e interconectar estas moléculas para que a membrana actue como un molde. É como se en lugar de montar o Lego peza a peza as colles e as botas nun recipiente que os ensambla. As moléculas funcionan como enlaces interconvertibles e é a propia membrana celular a que se encarga de facer as combinacións que conveñen en cada caso”.As moléculas escúlpense ao gusto das necesidades concretas do tratamento.
Conseguir que a molécula pase a parede celular alí onde é preciso ou libere o tratamento adecuado é o reto do pequeno grupo de investigación -que previsiblemente irá medrando- que hoxe encabeza xa Montenegro, que gozou tamén dun contrato Ramón y Cajal no equipo de Juan Granja. Ten dous colaboradores, Marisa Juanes e Juan Priegue, e grandes esperanzas de que os seus estudos contribúan nun futuro a diagnósticos máis certeiros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento