Plano do terremoto rexistrado en Nigrán na noite do xoves 16 de abril.

Plano do terremoto rexistrado en Nigrán na noite do xoves 16 de abril.

Terremoto en Vigo con epicentro en Nigrán

O Instituto Xeográfico Nacional detecta un movemento sísmico de magnitude 2,7 na área de Vigo

Un terremoto de magnitude 2,7 detectouse ás 21.08 horas deste xoves 16 de abril na cidade de Vigo, con epicentro localizado en Nigrán. O movemento sísmico foi detectado polo Instituto Xeográfico Nacional e rexistrado polos sismógrafos. Aínda que a magnitude non é moi elevada, algúns veciños sentiron a vibración do chan e de obxectos nas súas vivendas.

Galicia é unha zona sensible a movementos sísmicos, aínda que estes adoitan producirse na provincia de Lugo, concretamente no área de Triacastela e Sarria, onde se atopa unha falla na que se teñen rexistrado numerosos terremotos de media magnitude nos últimos anos.

O epicentro do terremoto localizouse en Nigrán, a unha profundidade de 18 kilómetros da superficie terrestre. A posición exacta do epicentro foi na lonxitude 42.1766 e na latitude e -8.7493.

Un estudo sinala Vigo e A Coruña como novas áreas con risco de terremoto.

Todos os datos sobre o movemento sísmico poden atoparse

neste enlace do Instituto Xeográfico Nacional

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.