Placa conmemorativa da Praza Stephen Hawking de Fisterra. Foto: Facebook do Concello de Fisterra.

Placa conmemorativa da Praza Stephen Hawking de Fisterra. Foto: Facebook do Concello de Fisterra.

Stephen Hawking xa ten a súa praza en Fisterra

O científico visitou Galicia en varias ocasións, a última no 2015, despois de ser convidado polo físico da USC Jorge Mira

Hai nove anos, o célebre científico Stephen Hawking, o máis coñecido estudoso da orixe do Universo e dos buracos negros, chegou á Fin do Mundo, en Fisterra. Veu a Galicia convidado polo catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, que a través do Programa ConCiencia trouxo ao noso país a decenas de eminentes científicos. Na súa visita, Hawking foi recibido polas autoridades locais e visitou o Cabo Fisterra, onde quedou marabillado pola beleza do lugar. Desde hoxe, a explanada situada antes do camiño que conduce ao edificio do faro, un dos lugares máis visitados de Galicia, levará o seu nome: Praza Stephen Hawking.

Na inauguración oficial deste mércores participaron, entre outros, o alcalde de Fisterra, José Marcote, a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha, e o propio Jorge Mira.

As visitas de Stephen Hawking a Galicia

A primeira vez que o científico británico estivo en Galicia foi en setembro de 2008, cando recibiu o Premio Fonseca que outorga o Programa Conciencia e impartiu unha conferencia no Palacio de Congresos de Galicia, en Santiago.

Stephen Hawking, na súa visita a Vigo, en 2014.

Stephen Hawking, na súa visita a Vigo, en 2014.

Nos últimos anos, regresou en dúas ocasións. En outubro de 2014 estivo en Vigo como pasaxeiro do cruceiro “Oasis of the seas” e degustou ostras na Pedra. E xusto un ano despois, Stephen Hawking estivo no parador de Cambados tras chegar de novo a Vigo nun cruceiro. Visitou tamén o pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.