Martes 23 Abril 2024

Stanley Prusiner, Nobel de Medicina en 1997, falará en Santiago o 23 de maio

Xa hai data para a visita a Santiago do próximo convidado do Programa Conciencia. Stanley Prusiner, descubridor dos prións, falará o vindeiro mércores 23 de maio ás 10 da mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en San Lázaro. A súa conferencia levará por título  ‘Unha visión unificada da bioloxía e as enfermidades priónicas’.

A nova actividade do Programa Conciencia, impulsado pola USC e o Consorcio de Santiago, conta coa colaboración de Prion 2018 e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

Publicidade

Prusiner gañou o Nobel de Medicina en 1997 polos achados realizados a comezos do anos 80, cando descubriu os prións, un novo principio biolóxico de infección que causa enfermidades neurodexenerativas mortais como a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJ) ou a doenza das vacas tolas.

Este premio Nobel naceu en Des Moines (Iowa) en 1942. Estudou Medicina na universidade de Pennsylvania e traballou no NIH con Earl Stadtman, onde se familiarizou coas técnicas da bioquímica de proteínas. Posteriormente realizou a residencia en Neuroloxía na universidade de California en San Francisco. Alí tratou unha doente con enfermidade de ECJ e quedou completamente fascinado por esta doenza. Naquel tempo pensábase que era causada por un denominado “virus lento”. Dende entón, Stanley Prusiner dedicou todas as súas enerxías a caracterizar o axente causante de dita enfermidade.

Despois de anos de traballo, Prusiner chegou a un descubrimento sorpremente: o axente infeccioso causante da Creutzfeld-Jacob carecía de ácidos nucleicos (a base da transmisión da información xenética): estaba constituído unicamente por proteína. Prusiner denominou a esta nova entidade biolóxica “prión”.

Os prións impoñen a súa forma ás proteínas, converténdoas en potenciais axentes infecciosos

Os prións defínense como agregados proteicos que se propagan ao impoñeren a súa forma (conformación, na linguaxe bioquímica) a unha proteína de conformación normal. Podería dicirse que impoñen o seu molde ás proteínas. Dito tecnicamente, os prións propagan as súas estruturas cuaternaria, terciaria e secundaria; non como no caso dos ácidos nucleicos, a primaria.

Nos últimos anos, despois de recibir o Nobel, volveu chamar a atención da comunidade científica coa hipótese de que enfermidades neurodexenerativas moi prevalentes, como a de Alzheimer, están provocadas por prións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas