Martes 19 Marzo 2024

O sociólogo Antón Álvarez Sousa ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Antonio Álvarez Sousa, catedrático no Departamento de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Ciencias Sociais e Económicas. A súa continúa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total entrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC estaba titulado “Doazón de órganos. Factores sociais e propostas de acción”. Logo de pronuncialo, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma foille entregado polo reitor da UDC, Julio Abalde.

Publicidade

Álvarez Sousa no seu discurso de ingreso.
Álvarez Sousa no seu discurso de ingreso.

Álvarez Sousa (1960, Cartelle, Ourense) ten no seu haber tres licenciaturas: Filosofía e Ciencias da Educación; Política e Socioloxía; e Comunicación Audiovisual. Obtivo o título de doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, institución que posteriormente lle concedeu o seu primeiro Premio de Investigación na Área de Ciencias Xurídico-Sociais. Na actualidade, é catedrático e decano da Facultade de Socioloxía da UDC.

Ao longo da súa traxectoria, realizou estancias como investigador e como profesor de mestrado e de doutoramento en distintas universidades de Europa, Estados Unidos e América Latina. Na actualidade, combina a dirección do curso de posgrao da UDC sobre Planificación e Desenvolvemento Local coa coordinación do Mestrado e Doutoramento en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos.

Ademais, preside a Asociación Galega de Socioloxía e o grupo de investigación sobre Turismo e Ocio da Federación Española de Socioloxía, ao tempo que dirixe varios proxectos de cooperación para o desenvolvemento.

O equipo de investigación que coordina estivo ao cargo do desenvolvemento dos plans de excelencia e de dinamización do turismo de varios municipios e comarcas de España. Actualmente, lidera proxectos relacionados co emprendemento turístico no Camiño de Santiago e co Plan de Turismo Galicia 2020, entre outros.

Ata o de agora dirixiu seis teses de doutoramento e publicou numerosos libros, capítulos e artigos científicos. Entre eles, o máis citado é El ocio turístico en las sociedades industriales avanzadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia Galega de Ciencias celebra o ingreso de tres novos académicos correspondentes

Francisco Marcellán, Jorge Martínez e Juan Ramón Sanmartín manifestaron o seu compromiso coa evolución da ciencia en Galicia

A Academia de Ciencias premia a investigación de “alto nivel” producida en Galicia

Os galardóns foron para Diego Peña e Marcos Fernández, máis dúas mencións honoríficas a Luis Carral e Sergio Vila

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

A Academia de Ciencias premia un estudo galego que foi portada da prestixiosa revista ‘Science’

O outro proxecto galardoado, tamén da USC, é un sistema de recuperación de información capaz de proporcionar resultados correctos e cribles