Xoves 28 Marzo 2024

Demostran matemáticamente que hai redes con estruturas máis resistentes a patóxenos

Os científicos do grupo de Foliacións e Sistemas Dinámicos da USC Fernando Alcalde Cuesta e Pablo González Sequeiros, xunto ao profesor do Centro Universitario de la Defensa de Zaragoza (CUD) Álvaro Lozano Rojo, acaban de publicar na revista PlosOne un estudo con interesantes implicacións. Descubriron que existen estruturas que reducen a probabilidade de fixación dun patóxeno con independencia da vantaxe que este posúa.

Ata agora sabíase que existían redes con arquitecturas que favorecían a invasión dun elemento patóxeno, pero non se coñecían casos no senso contrario. Así, os investigadores preguntáronse: supoñendo que de súpeto unha proteína se pregara mal no interior dunha neurona, que probabilidade hai de que se prión se estenda por todo o cerebro afectado?

Publicidade

Sabíase que había redes “favorecedoras” de patóxenos, pero non se coñecían redes resistentes

Trátase, por tanto, dun aspecto moi importante porque o contacto dun prión cunha proteína san ou ben pregada pode reverter o proceso, aínda que a taxa de infección adoita ser moi alta. Para descubrir estas estruturas, os investigadores contaron co superordenador Finisterrae II, facilitado polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Para obter estes resultados, analizaron o proceso de invasión nos 11.989.764 grafos con dez nodos ou menos.

Alcalde, González e Lozano publicarán próximamente outro traballo no que realizan un estudo comparativo da complexidade do cableado de varios tipos de redes empíricas. Entre elas inclúense redes neuronais, circuítos integrados VLSI e outras liñas tecnolóxicas como a rede telemática Internet2. Un dos obxectivos dos matemáticos é corroborar a idea que emerxe deste traballo sobre as diferenzas nas arquitecturas das redes cerebrais e dos circuítos lóxicos –e que afectan a súa robustez fronte á invasión de patóxenos- no caso das redes cerebrais obtidas usando imaxes obtidas por técnicas de resonancia magnética funcional ou de difusión funcional a partir do córtex cerebral de humanos e outros primates.

O proxecto conta co financiamento da Axencia Estatal de Investigación / Feder, a Xunta de Galicia a través do seu programa de axudas de consolidación para grupos con potencial de crecemento, o Goberno de Aragón e o CUD.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Elena V. Cendón: “As científicas temos que asumir que merecemos recoñecementos”

A matemática e investigadora da USC repasa a súa traxectoria após de recibir o premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira

Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburguer

O galardón creado pola Xunta en 2007 para distinguir a investigadoras galegas recoñece a doutora en Ciencias Matemáticas e decana da USC

Preto de 300 escolares achéganse ás matemáticas dun xeito “compresible e divertido”

No proxecto 'Te lo cuentan las matemáticas', do grupo de innovación docente MaReMa