Martes 19 Marzo 2024

Sae a nova versión en galego da táboa periódica dos elementos

O grupo de innovación docente CienciaNOSA da USC vén de publicar a nova versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos, un documento que xa está accesible en liña na páxina web da Real Sociedade Española de Química (RSEQ). Esta nova achega é froito dun traballo realizado polos docentes e investigadores do Departamento de Química Inorgánica da USC Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana M. González Noya, no que se recollen os novos elementos incorporados pola International Union fo Pure an Applied Chemistry (IUPAC) á Táboa Periódica dos Elementos, así como os seus nomes estes novos elementos así como outras recomendacións recentes deste organismo internacional, tal e como é o uso de lantanoides e actinoides en lugar de lantánidos e actínidos.

A finais do ano 2016 a IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) publicou a táboa periódica cos 118 elementos químicos con nomes e símbolos aceptados. Os novos elementos incorporados foron o nihonio (Nh, Z = 113), o moscovio (Mc, Z = 115), o ténnesso (Ts, Z = 117) e o oganesson (Og, Z = 118).

Publicidade

O grupo CienciaNOSA realizou esta versión galega da táboa dos elementos

A nomenclatura proposta para estes novos elementos da táboa periódica deriva, respectivamente, de Nihon, un dos termos cos que se denomina Xapón, sede do instituto Riken no que se desenvolve investigación nos elementos transuránidos; de Moscova, rexión rusa onde ten sede o instituto JINR de Dubna; de Tennesse, estado norteamericano onde teñen tamén sede distintos centros de investigación nuclear, e de Oganessian, científico ruso que dirixiu o laboratorio de Dubna onde se detectaron varios destes novos elementos.

O grupo de innovación docente CienciaNOSA, do que actúa como coordinador Marcelino Maneiro, profesor da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, recoñece e agradece a contribución e o asesoramento lingüístico recibido para a elaboración da nova versión galega da  Táboa Periódica de Elementos por parte de Xusto A. Rodríguez, responsábel da área de Terminoloxía da USC, e do profesor Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro.

2 COMENTÁRIOS

  1. Desgraciadamente isto e necesario xa que non utilizamos a taboa periódica en castelan de forma que o sair de galicia ou de calquera comunidade autónoma todo cambie en certa medida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Deputación da Coruña crea unha táboa periódica para concienciar en igualdade

A campaña pon o foco no desexo mutuo e no consentimento, interpelando directamente ao posible agresor e nunhas festas libres de medo

Galicia despide 2019, o ano de Tomás Batuecas

O científico estremeño, galego de adopción, entrou na historia ao participar na decisión de establecer a masa atómica do carbono como referencia

Un instituto de Melide crea unha táboa periódica interactiva en galego

O proxecto, impulsado por alumnos de Secundaria e FP, deseñou para cada elemento unha ficha coa súa historia, propiedades, obtención e aplicación

Esta é a nova proposta de distribución da táboa periódica

Dous matemáticos do Instituto Max Planck propoñen unha nova distribución alternativa dos elementos en función de diversas variables