Xoves 18 Abril 2024

Proteínas cristalizadas para novos fármacos

Investigadores do CiQUS acaban de publicar na revista Structural Dynamics un estudo no que observaron in vivo e en tempo real o crecemento de cristais, obtendo unha información moi importante acerca do proceso de formación de cristais.
A cristalografía de raios X é unha ferramenta fundamental para identificar a estrutura atómica e molecular de moitos materiais que poden formar cristais, tales como metais ou minerais, pero tamén de diversas moléculas inorgánicas, orgánicas e biolóxicas. Por exemplo, a estrutura tridimensional dunha proteína determina a súa función, de maneira que a visión estrutural de proteínas con resolución atómica é importante para entender a maquinaria da vida ou para o deseño e desenvolvemento de novos fármacos.

Logotipo do CIQUS de Santiago.
Logotipo do CIQUS de Santiago.

Esta técnica require cristais suficientemente grandes como para obter puntos de vista estruturais con resolución atómica, obtidos de modo rutinario in vitro mediante un cribado que consume moito tempo. Non obstante, nos últimos anos obtívose con éxito algunha información estrutural a partir de pequenos microcristais de proteínas cultivadas dentro de células vivas, in vivo, o que ofrece novas e interesantes posibilidades para estudar as proteínas que non forman cristais in vitro. Por desgraza, a formación de cristais dentro dunha célula viva aínda representa case sempre un evento espontáneo que se detecta por casualidade.
Para o seu estudo, os investigadores empregaron dúas proteínas diferentes: a luciferasa de luciérnaga e una versión truncada dunha proteína do reovirus aviar, chamada muNS, o que permitiu seguir mediante fluorescencia as etapas iniciais na formación de cristais nas células. Así, os científicos do CiQUS detectaron a formación espontánea de cristais de proteínas dentro das células cando se expresan dúas proteínas diferentes co sistema de baculovirus.

Os investigadores xa rexistraron unha patente para etiquetar proteínas

O Grupo de Viroloxía Molecular , liderado no CIQUS polos profesores J. Benavente e Martínez Costas, estudou a bioloxía molecular do reovirus aviar (ver vídeo) que derivou na patente dunha plataforma tecnolóxica de etiquetado de proteínas e que actualmente están tanto adaptando a outros sistemas de expresión como estudando as súas diferentes aplicacións biotecnolóxicas.
O traballo que publica Structural Dynamics coordinouno o profesor Lars L. Redecke (Center for Structural and Cell Biology in Medicine ) da Universidade alemá de Lübeck, en colaboración co CiQUS, a Interfaculty Institute of Biochemistry da Universidade de Tübingen (Alemaña) e o Institute of Biochemistry and Molecular Biology (Universidade de Hamburgo).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Identificada unha proteína clave na recuperación tralo ictus

En España, unha persona sofre un accidente cerebrovascular cada seis minutos

Descuberta a proteína responsable da sensación de frío

O estudo foi publicado na revista ‘Nature Neuroscience’ e pode axudar a comprender como perciben as temperaturas baixas os seres humanos